A Xunta achegará o 20% do custo da nova depuradora do Souto, en Santiago de Compostela

A Consellería de Medio Ambiente está disposta a achegar un 20 por cento do custo total da nova depuradora de augas residuais do Souto, unha actuación "moi demandada" na cidade de Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2017 | Actualizada ás 20:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente está disposta a achegar un 20 por cento do custo total da nova depuradora de augas residuais do Souto, unha actuación "moi demandada" na cidade de Santiago de Compostela.

Segundo informou a Administración autonómica a través dun comunicado, a Xunta está "comprometida con esta actuación", declarada de Interese Xeral do Estado, e considéraa de "gran importancia" para garantir a recuperación ambiental do río Sar e do seu ecosistema fluvial.

Por este motivo, o Goberno galego anunciou que asumirá a metade do custo estimado do proxecto que non conte con financiamento estatal, o que neste caso supón un 20% da actuación.

A Xunta destacou o "esforzo" realizado por esta administración en materia de infraestruturas hidráulicas para a cidade de Santiago, "pois tamén financiou a mellora da Edar da Silvouta".

Este compromiso será explicitado na reunión que se celebrará este martes entre a Xunta, o Concello de Santiago de Compostela e a Sociedade Estatal AcuaEs, para acordar a colaboración financeira para a execución das obras da EDAR do Souto.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta