A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal participará nun proxecto europeo de mellora dos servizos transfronteirizos

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a través da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal, participará nun proxecto de cooperación europeo destinado a mellorar os servizos públicos transfronteirizos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2017 | Actualizada ás 13:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a través da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal, participará nun proxecto de cooperación europeo destinado a mellorar os servizos públicos transfronteirizos.

Segundo indicou a Xunta nun comunicado, o programa terá unha duración de dous anos e medio e disporá dun orzamento total de 500.000 euros.

A AECT resultou beneficiaria do Programa de cooperación Espon 2020 dentro dunha candidatura conxunta, liderada por unha rexión danesa. Na mesma, participan, ademais, 11 áreas transfronteirizas de Alemaña, Suecia, Eslovenia, Finlandia, Bélxica, Austria e Portugal.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta