Como optimizar as compras?

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará o vindeiro mes de marzo dous cursos formativos sobre a xestión de compras e proveedores e a xestión económico-financeira nunha pequena e mediana empresa.

Por GC Emprende | Santiago | 27/02/2017 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A formación destinada a mellorar a rendibilidade mediante unha correcta xestión de compras e proveedores impartirase do luns 6 ao 9 de marzo, nas aulas formativas da Cámara en horario de 18:30 a 21:30 horas. A consultoría empresarial Arxon Estrategia ofrecerá o curso.

Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago no Polígono Costa Vella
Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago no Polígono Costa Vella

O seu obxecto é que os alumnos aprendan a negociar co fin de optimizar as compras na empresa, con indicacións precisas de como preparar unha negociación para aumentar as posibilidades de éxito e de aumento do beneficio empresarial. 

Ademais, a entidade cameral ofrece entre os días 13 e 23 de marzo un curso de xestión económico-financeira da peme, que a consultoría C&B Asociados impartirá en horario de 19:00 a 21:00 horas.

O curso está dirixido preferentemente a persoas con coñecementos contables básicos, orientado a recén titulados e traballadores que desexen poder tomar as decisións financeiras máis axeitadas para a empresa en cada momento, baseadas nos datos  económicos, para así poder mellorar a estrutura de investimentos, as  fontes  de  financiamento, a liquidez ou a rendibilidade do negocio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta