Javier Veiga protagonista da presentación da colleita 2016 dos viños de Valdeorras

A añada porase en valor no decurso dun evento que se celebrará hoxe na Finca Trece Pinos de Santiago.

Por GC Tendencias | Vilamartín de Valdeoorras | 06/03/2017 | Actualizada ás 09:31

Comparte esta noticia

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras promove a presentación pública da añada 2016 de Valdeorras, que se celebrará hoxe en Santiago de Compostela. O acto, que dará comezo ás 18.00 horas, estará conducido polo actor galego Javier Veiga. Na presentación, que terá lugar na Finca Trece Pinos, agárdase reunir a destacados representantes do eido institucional, económico-empresarial, social e político de Galicia; así como a distribuidores de viño e restauradores galegos (algúns deles distinguidos coa Estrela Michelín). Entre outras autoridades, confirmou xa a súa presenza a directora xeral de Gandaría e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Belén do Campo.

Ilustración Xosé Manuel
Ilustración Xosé Manuel | Fonte: Hermanager Producións

Calcúlase que unhas 15 bodegas exhibirán máis de 30 referencias distintas de brancos e tintos da zona. No marco do evento, ademais, celebrarase unha cata comentada que estará dirixida polo responsable do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, e, paralelamente, disporase un túnel do viño para que os asistentes poidan degustar algúns dos brancos e tintos máis salientables de Valdeorras.

Aquelas persoas da comarca interesadas en asistir ao acto disporán dun autobús de balde que saíra desde a sede do Consello Regulador hoxe luns ás 14.00 horas. Para facer uso deste servizo teñen que chamar para anotarse ao número de teléfono da sede da D.O.: 988 30 02 95.

Javier Veiga Javier Veiga
Javier Veiga Javier Veiga
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta