A fusión das caixas ameaza cun cisma empresarial entre o norte e o sur

A maior parte dos empresarios de Pontevedra non queren a fusión e están dispostos a ir ata donde faga falla na defensa da autonomía de Caixanova.

Por Manuel Pérez | Santiago | 18/12/2009 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Os máis belixerantes son os empresarios vigueses que comanda o presidente da Cámara de Comercio de Vigo, José García Costas, --quen por outra banda é conselleiro de Caixanova--, pero ten o apoio das cámaras de Arousa, Pontevedra e Tui e o decidido respaldo da Confederación de Empresarios de Pontevedra, que dirixe José Manuel Fernández Alvariño.

Nas últimas semanas as diferencias entre empresarios do norte e do sur teñen xerado numerosas tensións, especialmente, tras a entrevista do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, con Feijóo e o apoio do primeiro á fusión das caixas. De feito, as relacións dos empresarios do sur coa CEG xa non eran boas desde as eleccións do pasado maio, cando Fontenla gañoulle a partida a Alvariño.

Ruptura?

Desde o sur acusan ao presidente da CEG de "venderse" á Xunta e aos intereses de Caixa Galicia e din que Fontenla "xa non é un interlocutor válido". Por iso, esgrimen o informe elaborado polas catro cámaras do Sur e a CEP, que alerta da perda de 1.800 empregos e 2.000 millóns en créditos, para rexeitar a fusión.

Por iso, e ante o que consideran como un decidido apoio da CEG ás posturas da Administración galega e de Caixa Galicia, non descartan unha ruptura empresarial e crear unha nova confederación empresarial que integre as cámaras rebeldes e a CEP.

División política

Esta división empresarial tamén está xerando alianzas políticas. Se Fontenla apoia a Feijóo, os empresarios do sur alianse co PSOE. De feito, tanto Alvariño como Costas mantiveron encontros e numerosas conversas telefónicas cos principais dirixentes socialitas, sobre todo, con Abel Caballero. O propio Alvariño acudiu hai unhas semanas á conferencia impartida polo ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na súa primeira reaparición pública logo das eleccións autonómicas.

Os desaires do empresariado vigués ao PPdeG pola súa decidida aposta pola fusión, e a alianza co alcalde de Vigo, teñen incomodado á dirección popular e ao presidente da Xunta. Por iso, o PP vigués disparou este xoves, a través de Chema Figueroa, contra Costas e Jaime Borrás, presidente do Clube Financiero, ao acusalos de ter intereses en Caixanova a través das súas empresas. En Vigo apuntan que a postura do PP é "suicida" e que acaba de dilapidar as opcións de recuperar a alcaldía. De feito, algúns empresarios tentaron convencer a Corina Porro --que se mantén nun segundo plano-- de que mediara ante o presidente galego para evitar a fusión.

E nesta guerra de baixo nivel tamén interveñen os poderes mediáticos. En Vigo, Faro de Vigo, posicionouse claramente a favor de Caixanova e en contra da fusión, mentres que na Coruña, La Voz de Galicia, mantén a postura contraria e defende os postulados de Caixa Galicia e da Xunta a favor da fusión.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

9 unqueopina

Se os madrileños nos rouban as caixas (miles de millóns de pesetas) é o momento de plantexar a independencia e seguir a estratexia catalana de referndums.

8 anonimo

Xusto, xusto o que quere que digas Feijoo (e Rueda, e Porro e Negreira, e...) representantes da máis fervorosa "galeguidade", o trapo que vos poñen a algúns diante. O que QUERE é MANGONEAR na "Obra Social", manexar eses recursos estilo ESPE e RATO, o seu modelo, repartir a pasta da "Obra Social" segundo os seus criterios, tal como fan nas deputacións (ou é que non o sabemos?), pasta para repartir como fan coa pasta das administracións que manexan. Qué necesita? pois sanear unha caixa ruinosa a conta da outra... e para eso está a galeguidade, que lle asegura ao PP galego manexar máis pasta. A REPARTIR, amijiños, algúns xa lles sae fume das máns de tanto frotar.

7 Galego

Non entendo as resistencias de Vigo, Caixa Nova non é desa cidade, se non de todolos galegos, Ourense e Pontevedra incluidos. Fusión galega xa! e madrileños que busquen nouto sitio.

6 anonimo

Caixa Galicia analiza con preocupación la reforma legislativa sobre las cajas gallegas El consejo ve con inquietud el control sobre las inversiones y la obra social...L.COSTAS - A CORUÑA La nueva ley de cajas va ganando enemigos a medida que avanzan los días. El consejo de administración de Caixa Galicia analizó ayer las consecuencias de la reforma legislativa, una modificación que los consejeros aguardan con cierta inquietud después de que los tres partidos hayan mostrado sus cartas sobre el control político que desean para las entidades de ahorro, según revelaron a este diario fuentes del consejo. Más allá de la entrada de la Xunta en los órganos de dirección de las entidades y del número de representantes que se asegure, los consejeros y directivos de Caixa Galicia han expresado su preocupación por la redacción para los artículos referidos al control político sobre las inversiones y activos de las cajas y sobre la obra social.

5 anonimo

Galicia España Mundo Sucesos Economía Sociedad y cultura Tecnología Click! farodevigo.es » Galicia Noticia anterior Noticia siguiente El Club Financiero de Vigo intentará evitar la integración "de todas las maneras" "Nadie nos dijo las razones y se está jugando con el dinero de todos", avisa su presidente http://www.farodevigo.es/galicia/20... Nace una plataforma en Vigo en contra de la fusión porque "perjudica al sur de Galicia" http://www.farodevigo.es/galicia/20...