A Deputación da Coruña impulsa un programa entre 600 mozos para previr a violencia de xénero

A Deputación da Coruña está a levar a cabo en centros escolares da provincia o programa socioeducativo 'Suprime o control' que busca informar sobre a violencia de xénero e actuar para previla.

A CORUÑA | 16/03/2017 | Actualizada ás 19:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña está a levar a cabo en centros escolares da provincia o programa socioeducativo 'Suprime o control' que busca informar sobre a violencia de xénero e actuar para previla.

Así o expuxo a responsable da área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación, Ánxela Franco, que fixo balance das actuacións levadas a cabo mediante este programa.

Previamente a elas, elaborouse un estudo entre os escolares dos 14 concellos que participan nel e que pertencen ás comarcas de Arzúa, Bergantiños, Ordes, Santiago e Sar.

CONCLUSIÓNS

Entre as súas conclusións, está que os mozos rexeitan as prácticas sexistas, pero descoñecen que é exactamente a violencia de xénero. Tamén ven os celos e o control por whatsapp "como algo propio do amor romántico", expuxo a deputada provincial.

Dirixido a escolares de entre 14 e 16 anos, o programa incluíu actividades cos menores nos que, entre outras cuestións, abórdase como desmitificar o amor romántico ou como regular as emocións. Nunha última fase, iniciaranse agora encontros coas familias.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta