Descóbrese que a muralla de Lugo era para que os lucenses non escaparan

“Levan máis de dous mil anos soltos!”, indican os investigadores que fixeron o descubrimento.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 17/03/2017 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

En tempos dos romanos unha garda especializada vixiaba a muralla para que os moradores do interior non saíran fóra e foi nesa época cando se acuñou a expresión “Arde Lucus”. Unha centuria especial, denominada Garda da Noite, gardaba a muralla para evitar a saída dos seus habitantes do recinto. Naquela época defendeuse a muralla escrupulosamente e os documentos da época corroboran que fixeron o seu traballo tan ben que nin un so habitante conseguiu traspasar a muralla.

Infografía de como poderían ser os antigos habitantes de Lugo
Infografía de como poderían ser os antigos habitantes de Lugo | Fonte: temposgalegos.net

Coa caída do imperio romano a garda desapareceu e provocou a saída dos habitantes de Lugo ao exterior. Non existen rexistros escritos que narren a circunstancia pero a idea de que un imperio como o romano desaparecera da faz da terra da unha idea do que puido acontecer. Os historiadores tamén indican que decenas de centos de anos despois aínda se nota a caída da garda da muralla e pon como exemplos a Fraga en Vilalba e a existencia, durante anos, do Cacharrismo.

Na actualidade os efectos son menos severos aínda que se pode apreciar na condución dalgúns dos seus cidadáns cando se achegan a outras cidades galegas.

Infografía de como poderían ser os antigos habitantes de Lugo
Infografía de como poderían ser os antigos habitantes de Lugo | Fonte: temposgalegos.net
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Estrabón

ja,ja,ja! Aínda que dramatizado debe estar baseado en feitos reais.