Temas: FEIJóO CERVEXA

Feijóo, entre os preferidos dos galegos para ir de cañas

Unha enquisa elixe un ano máis ao actor lucense Luís Tosar como a personaxe popular ideal para ir de cañas, cun 15,3 por cento dos votos, xunto co cómico Xosé Touriñán. Na lista tamén figuran Rajoy e Xulio Ferreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2017 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Feijóo, ademais de presidente da Xunta, sería un bo compañeiro para tomar unhas cañas. Así o recolle unha enquisa realizada por Madison Market Research para Cerveceros de España, na que os galegos volveron a elixir os seus personaxes preferidos para saír a tomar unha cervexa.

Cana de cervexa, bebida, España
Cana de cervexa, bebida, España | Fonte: Europa Press

Os galegos elixen un ano máis ao actor lucense Luís Tosar como a personaxe popular ideal para ir de cañas, cun 15,3 por cento dos votos, xunto co cómico Xosé Touriñán, que entra no ranking e comparte a posición co consolidado actor galego.

Tras eles, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, accede por primeira vez á clasificación, situándose como o seguinte personaxe galego máis querido polos seus paisanos para ir de cañas, cun 13,6 por cento dos votos.

Así, nun ranking moi político, inclúense con rostros como o do presidente do Goberno, Mariano Rajoy (8,5%), ou o rexedor herculino, Xulio Ferreiro (5,1%), quen se converten en candidatos a irse de cañas cos galegos.

CERVEXAS TEMÁTICAS

Por sectores, no panorama musical Joaquín Sabina (22,2%) convértese no favorito para os españois, sumando unha posición con respecto ao ano anterior. Séguenlle Melendi (13%) e Alejandro Sanz (9,3%).

Feijóo e Rueda brindando
Feijóo e Rueda brindando | Fonte: vinatur.com

No ámbito da televisión El Gran Wyoming (12,3%) segue á cabeza. Por detrás, o galego Jesús Vázquez (8,8%), e Jordi Évole (7%) antepoñénse aos gañadores do ano pasado, Pablo Motos e Arturo Valls.

Como é lóxico, xa que se trata do personaxe preferido dos galegos, no mundo do cinema Luís Tosar (27,4%) non ten rival e os españois non dubidan en irse de cañas con el. Antonio Banderas (17,7%), e Dani Rovira (8,1%) pechan o ranking.

Por sexto ano consecutivo, o ámbito deportivo segue liderado por Rafa Nadal (28%). Por detrás, Fernando Alonso e Pau Gasol empatan na segunda posición cun 12% dos votos. Séguenlle numerosos nomes en terceiro lugar cun 8% dos votos: Sergio Ramos, Andrés Iniesta, Mireia Belmonte e outros moitos serían a opción elixida en Galicia para saír de cañas.

Temas: FEIJóO CERVEXA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Dalle que libras

E non sae Paco Rodriguez?

2 Kollontai luguesa

Eu iria con Pedro Puy e iso que estamos moi lonxe ideoloxicamente. Pareceme moi tolerante e intelixente. O cal visto o visto xa e un luxo. A ver canto tarda o "meu"taliban troll favorito en contestar. O que pode sair pola sua boquiña. El non concibe as persoas que somos libres e pensamos por nos mesmas ou ben anda a sementar cizaña a saber por que.

1 jose

Pois eu co dos Peares non iria nin de coña, seguro que che fai pagar todas as cañas, e ollo coa carteira

1 Sioh

jajajaajaj moi bo! totalmente de acordo, e coidado se non che lía con algún Dorado para acabar nun after...

2 folaacensura

eu non iria nio de pu tas con el que ten cara de pu ta ñeiro.este comentario xa estaba estou vendo que este periodico respecta m,oito a libertdede de exporesión ou xa recibe cartiños quentes do pp