Feridas tres persoas nunha colisión con tres vehículos implicados na ponte de Catoira (Pontevedra)

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este xoves debido a unha colisión con tres vehículos implicados na ponte de Catoira (Pontevedra).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 18:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este xoves debido a unha colisión con tres vehículos implicados na ponte de Catoira (Pontevedra).

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 15,00 horas deste xoves na ponte de Catoira sentido Rianxo.

Foron mobilizados o 061, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Catoira e Rianxo, o GES de Valga e os Bombeiros do Salnés, que procederon a excarcerar a unha persoa atrapada.

Debido a este accidente múltiple dúas mulleres foron levadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e un home ao Hospital do Salnés, segundo concretaron as mesmas fontes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta