Temas: BNG

O BNG “corrixirá o que haxa que corrixir” para obter un “maior apoio electoral”

O plenario da XVI Asemblea Nacional do Bloque ábrese hoxe no Palexco coruñés.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/03/2017 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O secretario de Comunicación do BNG, Rubén Cela, asegurou este sábado, horas antes de que comece a XVI Asemblea Nacional do BNG na Coruña, onde 35 anos atrás naceu este partido, que a organización política á que pertence "corrixirá o que haxa que corrixir" para lograr ser "máis útil", ter unha maior "incidencia práctica" e obter un "maior apoio electoral".

Reunión do BNG con delegaciones doutros partidos que acoden á Asemblea
Reunión do BNG con delegaciones doutros partidos que acoden á Asemblea | Fonte: Europa Press

En concreto, o plenario da XVI Asemblea Nacional do Bloque ábrese ás 17.00 horas deste sábado no Palexco coruñés, despois de que os participantes, unhas 2.400 persoas, recollan as súas acreditacións.

"Imos debater intensamente ao longo deste fin de semana sobre en que aspectos acertou o BNG ao longo destes anos, que hai que seguir profundando, e sobre cales hai que mellorar ou corrixir", explicou Cela.

Isto, continuou, comezará este sábado pola tarde co debate de 296 emendas ás teses asambleares. "Ningunha é á totalidade nin hai ningún voto particular", subliñou o secretario de Comunicación do BNG, feito que demostra, na súa opinión, o "bo clima interno" do que goza actualmente o Bloque.

Cela espera que esta asemblea sirva como "auténtico punto de inflexión" para "reforzar cuestións fundamentais", como que en "Galicia ten que seguir existindo unha expresión política propia do nacionalismo sen ningún tipo de atadura con ningún ámbito estatal", así como que o nacionalismo "só se deba ao pobo galego".

Deste xeito, sinalou Cela, esta Asemblea Nacional é o "inicio" dun "proceso de relanzamento e reforzamento do proxecto nacionalista en Galiza", que estará acompañado dunha "substitución xeracional", o cal xa comezou hai un ano, agregou, coa elección de Ana Pontón como portavoz nacional.

Estas declaracións tiveron lugar nun encontro previo con representantes das organizacións políticas e entidades convidadas á súa XVI Asemblea Nacional baixo a lema 'Solidariedade internacionalista, soberanía dos pobos'.

Cela, xunto con Montse Prado e Néstor Rego, ambos responsables da área de Internacional, foron os encargados de recibir ás delegacións convidadas a este encontro previo, que contou, entre outros con representantes do PNV, Bildu e Esquerra Republicana.

Tamén houbo unha ampla representación das forzas de esquerda lusas —Bloco de Esquerdas e PCP—, e doutros territorios de Europa, incluíndo, por primeira vez, á formación de esquerdas de Alemaña Die Linke. Igualmente, representantes do pobo Palestino, de Kurdistán, do Sahara e dos consulados de Cuba e Venezuela.

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 Fanoquequeren

Correxir todo menos aos de Pontevedra. Eses que van por libre cos seus touros, as súas rúas a ministros franquistas, a súa propaganda nos medios tan estilo pacovazquez, e o seu amor confesado polos servizos públicos municipais privatizados. Tamén polas súas campañitas con título en inglés e non en galego. Por non falar deses mandatos en cargo píublico que duran décadas. Xavier Vence non puido con eles e me temo que Ana Pontón, outro tanto.

1 Ola loquito louzanista

Te tomastes la pastillita

2 Galego

Así pepero camuflado preparando as municipais con mentiras ó estilo Feijóo, o que nos espera de aquí as eleccións.

3 Néboa

Pois eu non vexo mentira algunha. A rúa a ministro franquista si existe ( http://pontevedraviva.com/xeral/854... os touros subsidiados polo goberno do BNG tamén ( http://www.galiciaconfidencial.com/... os excesos en propaganda, moitos deles de pago na Voz, son coñecidos en toda Galiza; que un pandilla leva varios mandatos é coñecido por cada militante do bloque deses de verdade e que, malia o que recomendan os congresos da UPG, teñen o lixo, o auga e a guindastre privatizados é unha verdade como un mundo. E sobre o inglés por riba do galego nas súas políticas, hai vai un vídeo demostrativo ( https://www.youtube.com/watch?v=i2S.... Así que de mentiras, "rien de rien".

4 ZemZ

De verdade unha campaña con nome en inglés, o alugueiro dun recinto para usos que nada teñen que ver coas touradas é o peor dun concello premiado no mundo enteiro. Privatizar certos servicios é inviable e peor para os concellos como puideron comprobar os mareados, xa para rematar se existe un concello que defende a memoria histórica ese e Pontevedra, recomendo o libro "non des a esquecemento" ou un paseo polos parques, prazas e monumentos que recordan a historia dos asasinados polos franquistas.

5 Failde

Corrixir di Rubén Cela! A liña política non será, sería unha enorme fraude! Logo corrixir para posibilitar máis democracia, transparencia, pluralidades, decencia...? Tampouco, non interesa ao partido-guía, nin aos amamantados, comenzando polo Rubén Cela e segundo pola Ana Pontón! Os de profesión e único modo de vida a política profesional teñen na barriguiña propia a prioridade. Os galegos somos secundarios, a masa ou plebe, estamos para aplaudir e apandar. Se xa as Mareas de Podemos se asentaron e pelexan polo óso, que agardar dos que levan décadas sen baixarse da poltrona. Son marxinais, si, pero chupan e aseguran a mantenta para si e para os colegas. Cando o fascismo volta como noxenta alternativa á política corrupta, cando o clima avisa que o planeta non aguanta, cando o povo se entrega polo consumo como único ocio que coñece, máis que corrixir hai que pedir perdón e comenzar pola base, desde terreos sen lama. Ou seguir na farsa, para proveito dos de sempre!

1 Gamela

Ben falado... A xente non atura xa tanta mentira e tanto postureo... http://gamela00.blogspot.com.es/201...

2 Galego

Sodes patético, uns có corta e pega de sempre e lema dos dereitosos de que son todos iguais e o outro a buscar visitas o seu blog.

4 Carlinhos

Deixade de poñer paos nas rodas, e botade unha man. O BNG é á ferramenta imprescindible para construír País. Todas e todos facedes falla.

3 Xusto

Pois a ver se unen forzas e non separan logo...

2 comunista independentista

"Renovación xeracional" no Bloque é substituír á xente que leva liberada 40 anos polos que "só" levan liberados uns 20. Pero non se preocupen polos primeros, as portas xiratorias do autonomismo teñen un postiño asegurado para eles no sindicato, na Mesa ou nalgunha fundación do partido. España paga.

1 TumQ

Espanha paga ou Espanha pega?. Já te vimos o outro dia nos média. E também escoitamos o audio. Nom quero agrandar mais por deferência a gente que sofre.E que já está bem oiches, pois o pior é que as vossas palhasadas pagamo-las tod@s.

2 per

España tamen paga a Podemos e a comunistas independentistas,, unica solucion a teoria do decrecimento e anarquismo