O BNG aposta por "un regulamento de consenso" e rexeita "a imposición do PP" na Deputación de Lugo

Este luns 27 de marzo, celebrarase, a petición do PP, un pleno extraordinario para debater unha nova proposta de regulamento para a Deputación de Lugo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2017 | Actualizada ás 12:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Este luns 27 de marzo, celebrarase, a petición do PP, un pleno extraordinario para debater unha nova proposta de regulamento para a Deputación de Lugo.

A proposto do novo regulamento presentada polo PP será debatida e, para que salga adiante, terá que contar co apoio da maioría da corporación provincial, sinalou o BNG nun comunicado.

O portavoz do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, anunciou o seu "total rexeitamento" á proposta do PP dados "os cambios que suporía á hora da toma de decisións" na entidade provincial.

Pola súa banda, o Bloque aposta por un "regulamento de consenso" e rexeita o "intento de imposición do PP" na Deputación. "Quizais teñamos que empezar de cero a redacción do novo regulamento e entendemos que se debe facer entre o tres grupos", defendeu.

"Poderiamos tratar de emendar a proposta do PP, pero son tantos e de tanto calado os cambios introducidos que é practicamente imposible", asegurou, xusto antes de manifestar a súa "total disposición a dialogar e negociar" cos outros dous grupos para chegar a un consenso do que sairía, defendeu, un regulamento "válido" para os próximos anos e "bo" para Lugo e os seus habitantes.

Os deputados do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro e Antonio Veiga, lembraron que o actual regulamento da entidade provincial foi elaborado de maneira "consensuada" en decembro de 2010. De feito, Ferrerio puntualizou que este "foi elaborado, non aprobado", pois todos os grupos, destacou, fixeron achegas que "se reflectiron no documento final".

"O BNG, en ningún caso, vai apoiar a proposta que o Partido Popular levará ao Pleno extraordinario. A proposta do PP inclúe barbaridades como dar a un tránsfuga máis dereitos que a un deputado democraticamente elixido", resolveu o Bloque.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta