Cúmprense 25 anos do inicio dos grandes proxectos na Eurorrexión

O Eixo Atlántico celebra un gran congreso sobre a futura axenda urbana transfronteriza e entregara medallas aos principais impulsores do proxecto de unión europea e rexional.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/03/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O Eixo Atlántico está de aniversario. E non é un aniversario calquera. Son 25 anos impulsando proxectos europeos que, ademais, terán como celebración a realización en xuño dun gran congreso no teatro Circo de Braga, onde se presentará o documento da Axenda Urbana e se entregarán unha serie de medallas a personaxes ue impulsaron o proxecto europeo nestes anos.

Este congreso pretende ser o foro no que os axentes políticos, sociais, económicos e culturais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coñezan de primeira man o documento estratéxico "e poidan achegar todos os comentarios e ideas que melloren a axenda urbana", segundo apuntan desde esta institución.

Durante as xornadas debatirase sobre a primeira axenda urbana transfronteriza europea, con cinco talleres coordinados por expertos da Axenda Urbana. O obxectivo é elaborar unha axenda estratéxica contando cos intereses de 38 cidades de moi diferente tamaño e posicionamento que, ao mesmo tempo, pertencen a dous Estados europeos.

Participantes na asemblea anual do Eixo Atlántico
Participantes na asemblea anual do Eixo Atlántico | Fonte: Eixo Atlántico

Durante os meses de novembro e decembro de 2016, o Eixo puxo a disposición do público o documento para recibir achegas. O programa do Congreso e o formulario de inscrición xa está dispoñible a través da web do Eixo Atlántico.

Este congreso contará na súa inauguración co ministro portugués Pedro Marques e será clausurado polo primeiro ministro, Antonio Costa. Durante a ceremonia de clausura entregaranse as medallas dos 25 anos do Eixo a Fernando Gomes, Eneko Landaburo e un representante da fundación Jacques Delors.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gran porto

Chiringuito controlado dende oporto, oxalá desapareza.