Temas: AUGA

Retos do tratamento de auga para a industria galega

O director de Augas de Galicia estima en 260 os focos de contaminación no país produtos de verteduras a ríos e costas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/03/2017 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura de Santiago acolleu onte a Xornada técnica da Unidade Mixta CIGAT "Tratamentos descentralizados de auga: retos da industria", que contou coa presenza e participación activa de ViAQUA e Cetaqua entre outras entidades colaboradoras.

ornada técnica da Unidade Mixta CIGAT 'Tratamentos descentralizados de auga: retos da industria'
ornada técnica da Unidade Mixta CIGAT 'Tratamentos descentralizados de auga: retos da industria'

A inauguración e presentación da xornada correu a cargo do Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez; Pilar Morgade, Directora da área de programas da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Julio Masid, Director de ViAQUA. Roberto Rodríguez fixo fincapé na necesidade do tratamento das augas Industriais, sinalando que "na actualidade hai máis de 2600 puntos de vertedura tanto na costa como en canles fluviais, dos cales un 10% supoñen hoxe en día un foco de contaminación".

Na súa intervención, Pilar Morgade destacou a importancia do investimento privado na creación da Unidade Mixta CIGAT e o impulso ao desenvolvemento da comunidade galega en canto a innovación e investigación. Pola súa banda, Xullo Masid, subliñou o papel da Unidade Mixta en canto á achega de solucións sustentables para o tratamento descentralizado de augas residuais.

A xornada, que contou coa asistencia de máis de 70 profesionais, estivo estruturada nun primeiro bloque no que se presentaron os retos das industrias: vitivinícola, co relatorio da adega Martín Codax; conserveira, coa presenza de ANFACO-CECOPESCA; farmacéutica, contando co Grupo Lonza e láctea, coa presentación da empresa Queizuar.  Os retos comúns expostos céntranse na redución de consumo de auga, da xeración de lodos e do espazo de implantación, utilizando sistemas compactos e robustos, así como a necesidade da reutilización das augas residuais. 

O segundo bloque do evento virou ao redor da innovación e a presentación de novas   tecnoloxías de tratamento de augas farmacéuticas e industriais que teñen como obxectivo a súa implantación no mercado, a cargo de Francisco Omil (Universidade de Santiago), Álvaro Silva (CETAQUA) e Celia Castro (CETAQUA).

Unha mesa redonda, moderada polo Catedrático da Universidade de Santiago, Juan Lema, abordou os retos para a implantación dos tratamentos de auga descentralizados, e contou coa participación de Jesús Vázquez (Viaqua), Alex Galí (CETAQUA) e Roberto Arias (Augas de Galicia). A xornada técnica finalizou cun debate no que se expuxo o por que se segue apostando por tecnoloxías convencionais en lugar de novas tecnoloxías máis eficientes e economicamente máis rendibles, concluíndo coa importancia da educación e concienciación social. 

Temas: AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seguimos TRANSFERINDO CARTOS á empresa privada ? Pero alomenos deberamos coñecer o nivel depurativo das nosas augas residuais ? EDAR Vigo con máis de 175 Millóns e aínda non sabemos quen carallo CERTIFICA os seus resultados ? https://flic.kr/p/QpAGAj A MAFIA DA AUGA ?