A CORUÑA | 30/03/2017 | Actualizada ás 19:24 por EUROPA PRESS
A XXI edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará en agosto na Coruña, acaba de pechar o programa do Castelo de Santo Antón coa participación de ALA.NI, Lula Pena e o flamenco de Rosalía.
Como en edicións anteriores, os concertos do Castelo, do 9 ao 11 de agosto, serán gratuítos, pero haberá que retirar entrada un día antes no quiosco municipal da praza de Ourense. Da londiniense de pais caribeños ALA.NI, a organización subliña a súa "elegancia e sofisticación".
Da cantora, poeta, compositora e guitarrista lisboeta Lula Pena destaca a súa "voz única e profunda", mentres que sinala que Rosalía, que colabora con Raül Refree, produtor musical, "posúe unha das voces máis novas e máis prometedoras do flamenco actual". Do festival, lembra que celebrará a súa 31 edición do 8 ao 13 de agosto.
En total, contará con máis de 90 actuacións gratuítas en máis de 15 escenarios. A organización xa avanzou nomes como Kaiser Chiefs, O Mambo Jambo, Aviador Dro, New York Ska-Jazz Ensemble ou Rolling Bowling.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.