Canto lle custa aos galegos os servizos relixiosos en hospitais públicos?

“Hai que contratar máis médicos e non máis sacerdotes, pois a relixión corresponde ao ámbito do privado e non do público", di o PSdeG. O PPdeG rexeita que a Xunta deixe de financiar este servizo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/04/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

650.000 euros. Iso é o que lle custa anualmente aos galegos os servizos relixiosos nos hospitais públicos. Uns servizos que realizan 52 sacerdotes, 41 deles a tempo completo, e cuxo salario parte dos orzamentos da Xunta.

Sacerdotes que ofician nos hospitais galegos
Sacerdotes que ofician nos hospitais galegos | Fonte: mondonedoferrol.org

Por iso, o PSdeG presentou este martes unha iniciativa parlamentaria do PSdeG  na que se demandaba que a Xunta deixe de financiar estes servizos relixiosos. A proposta foi apoiada polo resto da oposición, pero rexeitada polo PPdeG, polo que os galegos seguirán pagando por estes servizos.

Na súa argumentación, o socialista Julio Torrado denunciou os recortes en sanidade fronte a estas partidas destinadas financiar sacerdotes, xa que con ese diñeiro, dixo, poderíanse contratar a "15 médicos de urxencia". “Hai que contratar máis médicos e non máis sacerdotes, pois a relixión corresponde ao ámbito do privado e non do público", suliñou.

Ademais, avisou de que a relación entre a administración pública e igrexa "é xa extremadamente facilitadora como para seguir alimentándoa neste sentido". Pola súa banda, Eva Solla (En Marea) criticou que no recorte de "1.800 prazas" de persoal da sanidade galega co PPdeG na Xunta "ningunha foi de capeláns católicos". Sobre este extremo, Montse Prado (BNG) censurou que se financie con diñeiro público "unha crenza relixiosa".

“Debates superados” para o PpdeG

En contraposición, Marta Rodríguez-Vispo (PP) sostivo que estes "son debates superados", pois é un servizo que "non expón ningún tipo de problemas á cidadanía". Por iso, defendeu a negativa dos populares a esta iniciativa, xa que "se a poboación demanda este servizo" relixioso non cre que haxa "problema" en ofrecelo.

Ademais, lembrou que "a Constitución non di que o Estado deba ser laico", senón "aconfesional", con "cooperación con todas as relixións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Dr Bacterio

Por tódolos hospitais cartaces, non controis de enfermería, co horario das misas. Os cregos polas habitacións, sen ser solicitados, É unha vergoña

1 Sesees

Por desgraza levo 15 dias entre o chuac e o materno e non vin nin o primeiro

4 son eu

Pues a mi no me parece adecuado gastar dinero en asistencia espiritual, pero mientras se tira el dinero en otras cosas esta es una más, ni mas ni menos. Hay mucha gente creyente en nuestra region y los sacerdotes le hacen un servicio que necesitan. Una prostituta hace un servicio similar a una persona que lo necesite y sin embargo en los hospitales no hay 52 prostitutas a sueldo de la Xunta. No soy anticatólico y para mi una persona creyente merece el mismo respeto que un seguidor del Real Madrid, un fan de la Pantoja o un ofrecido al gallego.Una de dos, que en los hospitales ademas de curas traigan putas, a Messi y de vez en cuando a la Pantoja o que dediquen el dinero solo a la sanidad

1 Paciente impaciente

Vale, pues ya que hablas de p_tas, también puedes hablar de liberados sindicales. Yo no estoy sindicado, pero respeto a quien lo está. Sin embargo entiendo que los sindicatos deben pagarlos sus afiliados y no con dinero público, que es con lo que se financian esas instituciones. Por cierto, en los hospitales gallegos hay mucho más que 52 liberados sindicales, que por otro lado, todo el mundo sabe que cobran muchísimo más que los curas, y encima no provocan alivio alguno a los pacientes que sufren graves enfermedades.

2 Sesees

Esa regra de tres podese aplicar a todo . Outro exemplo, por que teño que pagar eu con meus impostos un campo de fútbol municipal de un equipo de primeira?......Pois suma e sigue

3 nostrus

Paciente impaciente. Pues claro, por eso dije que el gasto en curas era un gasto tan prescindible como otros.

3 Kollontai luguesa

Pero que teima coa igrexa tedes os podemitas, mareante e próximos galaicos. Aprendede das Xubentudes Komunistas doutros lugares: https://laicismo.org/2015/juventude... Pero claro, xa estamos acostumados a que aquí digan a e noutra comunidade autónoma be. Típico discurso ninista-populista a gusto dos votantes que eles mesmos configuran cos seus medios... Isto é o que votades, mareantes... Pero a estas alturas xa se vos debería ter caído a "candidez".

2 Gallego

650.000 euros é o que custan as nóminas anuais e os gastos asociados de 4 ou 5 deputados autonómicos. Xa non falemos dos centenares de cargos políticos galegos totalmente inútiles. Para cando os reducen a todos?

1 Mari Loli

Os deputados son elixidos os cregos son impostos

1 Sesees

Si señor , o chiculate do loro. Anda que non tiraron e tiran cartos as administracións.