Carmen Santos fai balance do seu ano ao fronte de Podemos

"Estou agradecia da confianza depositada en min", asegura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2017 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, publicou nas redes sociais un vídeo co que agradece a "confianza" depositada nela cando se cumpre un ano da súa chegada ao cargo.

Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia
Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia | Fonte: Europa Press

Deste período "intenso", destacou o feito de que os diferentes procesos electorais permitiron que "unha chea de xente do común" estea hoxe nas institucións, e coa vista posta no futuro apelou a seguir traballando para lograr "un cambio de goberno" tanto en Galicia como no Estado.

"Deixarémonos a pel por seguir sendo útiles", continuou, antes de dar por feito que "o cambio chegará" porque os actuais resultados, "tendo todo en contra", así o evidencian.

Evento festivo

En paralelo, o seu equipo avanzou que a modo de conmemoración do primeiro ano de Carmen Santos á fronte de Podemos Galicia, o próximo día 17 haberá "un evento festivo" e de "avaliación do traballo realizado" pola formación neste tempo.

Tamén o Consello Cidadán Autonómico (CCA) cumpre o seu primeiro aniversario no medio dunha forte división, pois nel conviven dúas posicións enfrontadas: os afíns á secretaria xeral e os "críticos" coa súa xestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Groucho

O balance é que Podemos en Galiza morreu, se alguén se quere enganar co contrario, alá cada quen.

3 Juas

E quen confia nela? Se xa a queren botar os catro gatos mal avenidos

2 Sesees

O que mais me gusta dos politícos son as reviravoltas que lle dan a o léxico e as expresións que usan para non decir nada "Xente do comun" . Será a xente que nos vota

1 Kollontai luguesa

Si, é un aspecto fascinante o da neolingua chachiguayprogre e ademais central. O ninismo na súa máxima expresión. Ao final vai ser certo que a linguaxe forma parte da superestrutura, coma pretendía o lingǘísta soviético Marr, e estes o único que desvelan con eses palabros e frasos é a liquidez da súa mensaxe... A insoportable levidade do seu progresismo caviar mesturado coa adoración a un líder e o apoio mediático... Nada novo, todo visto... O recambio da rama esquerda do partido centralista-centrado-centrista... En Galicia co apoio dos que se din nacionalistas galegos... https://twitter.com/ciudadfutura/st... Avancemos cara as sinerxias siderais que permitan implementar o vacío total da levidade absoluta...

1 Gamela

eventos festivos... esta muller toleou ? que carallo teñen que celebrar? https://goo.gl/ZmJivL será que levan un ano vivindo do conto e tuiteando? https://goo.gl/L8xKOh