Temas: LUMES INCENDIOS

Extinguido o incendio de Carballeda de Valdeorras tras calcinar 137 hectáreas

Está activo outro incendio no Concello de Cervantes (Lugo) que afecta xa a preto de 50 hectáreas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2017 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O incendio que desde o pasado venres afectaba á parroquia de Soutodairo do municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras quedou extinguido ao redor das 14,25 horas deste domingo.

As brigadas  loitan contra o lume desde un helicóptero
As brigadas loitan contra o lume desde un helicóptero | Fonte: briflaza

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o último foco deste incendio foi extinguido no mediodía deste domingo. As lapas afectaron a 137 hectáreas de monte raso e nas tarefas de extinción participaron un técnico, 13 axentes, 28 brigadas, tres motobombas e medios aéreos.

Por outra banda, permanece activo o incendio que desde a madrugada do domingo afecta á parroquia de Vilapasantes do Concello de Cervantes (Lugo).

En total, este lume está composto por cinco focos que, segundo as estimacións provisionais, arrasaron xa 40 hectáreas. No control das lapas traballan catro axentes, doce brigadas, oito motobombas, tres pas e medios aéreos.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta