SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2017 | Actualizada ás 07:14 por EUROPA PRESS
A cantante Sonia Lebedynski presentará o seu primeiro disco en solitario, 'Deserto de centos', este sábado día 22 no municipio coruñés de Rianxo.
Terá lugar ás 21,00 horas no auditorio e o custo para asistir ao recital de quen fose a voz de 'Fía na roca' é de 10 euros.
'Deserto de centos' é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo da súa traxectoria musical e vital e, ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, na parte creativa do traballo colaboraron moitos nomes da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Uxía e Óscar Losada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.