Marea Aberta, formada por activistas de base das mareas, reúnese este venres para falar sobre que En Marea queren

Marea Aberta, encontro cidadán de activistas de base das mareas, reunirase por segunda vez o vindeiro venres 28 de abril no restaurante Paz Nogueira de Compostela para dialogar sobre que país e que En Marea desexan.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2017 | Actualizada ás 18:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Marea Aberta, encontro cidadán de activistas de base das mareas, reunirase por segunda vez o vindeiro venres 28 de abril no restaurante Paz Nogueira de Compostela para dialogar sobre que país e que En Marea desexan.

Para Marea Aberta, tal e como precisaron nun comunicado, é necesario "un debate sincero e leal, aberto e transparente, que teña como obxectivo definir a cartografía da rebeldía, o itinerario para a nova democracia e a folla de ruta da recuperación do país".

"O vindeiro venres 28 simplemente iniciamos unha posta en común para despois compartir as nosas reflexións con todos os que queiran falar para entenderse", indicaron desde Marea Aberta.

Para este colectivo, o tres grandes bloques a debater son os seguintes: proceso constituínte e xanela de oportunidade; próximos retos das mareas; e que En Marea queren.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta