Detido un home que tiña máis dunha vintena de plantas de marihuana nun piso de Ourense

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home acusado dun delito de tráfico de drogas por instalar unha plantación 'indoor' de marihuana, con máis dunha vintena plantas, nun piso céntrico da cidade.

OURENSE | 22/04/2017 | Actualizada ás 19:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home acusado dun delito de tráfico de drogas por instalar unha plantación 'indoor' de marihuana, con máis dunha vintena plantas, nun piso céntrico da cidade.

Marihuana comisada no piso de Ourense
Marihuana comisada no piso de Ourense | Fonte: Europa Press

Segundo informou este sábado a Policía Nacional, no domicilio do home os axentes se incuataron de 23 plantas de marihuana, outras tantas secas preparadas para a venda e consumo, e numerosos utensilios para o cultivo, plantación, conservación e recollida da droga.

Ademais, tamén se lle requisaron diversos aparellos de iluminación, refrixeración, termostatos, medios de ventilación e outros efectos utilizados para a conservación adecuada e cultivo da mesma.

A Policía explicou que a instalación se subministraba de enerxía a través dun enganche ilegal, preparado para defraudar enerxía do tendido xeral establecido pola compañía de electricidade. Tamén utilizaba o mesmo sistema para proverse ilegalmente da auga necesaria para o funcionamento da plantación.

O detido é un home de trinta e dous anos de idade, natural de Ourense e cónstanlle antecedentes policiais por realizar anteriormente, actividades de cultivo e elaboración ilegal de substancias estupefacientes. O home, que pasou a disposición xudicial o venres, quedou en liberdade con cargos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta