O futuro da enerxía

A eficiencia enerxética non é unha cuestión tan simple como poñer uns paneis solares e vender a energia ás eléctricas, a eficiencia enerxética é algo mais profundo, e que si se realiza correctamente pode producir beneficios tanto a particulares como á industria, e mesmo ao propio estado, tanto o autonomico como nacional.

Por Carlos González Armada | Vigo | 26/04/2017

Comparte esta noticia
Un artigo de opinion non é espazo suficiente nin tan sequera para esbozar unha idea do alcance dunha formulación correcta sobre a eficiencia enerxética, pero si se pode estruturar a idea de que hai un camiño moi curto percorrido, e un moi basto por percorrer, a eficiencia enerxética entendida na seu mais amplo espectro nos podería proporcionar incluso a nosa independencia económica 
 
Para entender a esencia da enerxía debemos de entender que todo é enerxia, nós mesmos somos enerxia. A enerxia non se crea nin se destrúe, transfórmase, e faio sempre noutra forma de enerxía diferente. Se acendemos unha tostadora , a enerxía eléctrica que aplicamos ao aparello transformásese en térmica que utilizaremos para tostar o alimento ao que a apliquemos, este alimento transformase no noso organismo a traves da enerxía química que contén, en enerxía mecánica cando realicemos movementos físicos 
 
Esta base de transformación de energia é a que ten que servirnos para entender que o proceso de transformación de enerxia, e a enerxia mesma, son imprescindibles para a nosa vida, e que se conseguimos unha optimización da produccion e transformación da enerxia, e realizar estes procesos e a súa explotación coa necesaria eficiencia, é cando obteremos un rendemento adecuado para que podamos falar de eficiencia enerxética
 
En base a iso poderiamos definir que a eficiencia enerxética é un habito que busca reducir o consumo de enerxía, e en consecuencia é o uso eficiente da enerxía, de maneira que na industria consigamos optimizar os procesos produtivos, reducindo o consumo sen perder produccion, e no sector privado consigamos o emprego desa enerxía utilizando a mesma cantidade, e mesmo menos, para producir mellores servizos que redunden no noso benestar 
 
En mantemento industrial e enxeñería buscamos planificar estruturas de funcionamento das instalacións, incorporando o material e o control máis adecuado para conseguir un eficiente funcionamento, así como un óptimo consumo enerxético, achegando un valor engadido ás instalacións industriais, e no seu caso tamen ás particulares 
 
Hoxe en dia nas edificacións de nova construción é necesario cumprir uns requisitos de eficiencia, e igualmente nas vivendas de aluguer mais antigas se esta esixindo que se emita un certificado para saber o estado enerxético da vivenda, e iso ocorre desde o establecemento do RD 235/2013 do 5 de abril, polo que se aprobou o procedemento de certificación da eficiencia enerxética dos edificios, e a partir dese momento, a presentación ou posta a disposición dos compradores ou arrendatarios do certificado de eficiencia enerxética da totalidade, ou parte dun edificio, é esixible para os contratos de compravenda ou arrendamento 
 
Pero isto é só un requisito que nos obriga a informar de cal é a eficiencia enerxética da construción, a realidade de onde podemos proceder a conseguir esa maior eficiencia parte de como realicemos a instalación, a eléctrica, a de produccion de auga quente, a de produccion de Climatizacion, e nas industrias a dos procesos produtivos...esta é a segunda parte mais importante da eficiencia enerxética, e sobre a cal temos ou podemos ter control, a mais importante seria como producimos a enerxía, e como a transformamos, como a facemos chegar ás vivendas e as industrias, e como optimizamos as perdidas no transporte desta, en definitiva o rendemento que conseguimos desde a súa xeración ata o seu consumo primario, pero isto seria obxecto de varios artigos mais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA