UXT denuncia que unha funcionaria da Fiscalía de Santiago leva 10 días sen poder traballar por falta dun computador

UXT denunciou hai unha semana que a funcionaria de reforzo nomeada para a Fiscalía de área de Santiago pola Consellería de Presidencia non dispuña dos medios necesarios para realizar o seu traballo: "nin computador, nin mesa, nin cadeira onde sentar", segundo o sindicato.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 19:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

UXT denunciou hai unha semana que a funcionaria de reforzo nomeada para a Fiscalía de área de Santiago pola Consellería de Presidencia non dispuña dos medios necesarios para realizar o seu traballo: "nin computador, nin mesa, nin cadeira onde sentar", segundo o sindicato.

"Lonxe de solucionar a situación, o disparate ha ido en aumento", advirte este luns nun comunicado de prensa no que sinala que, "xusto ao día seguinte da denuncia de UXT, a Dirección Xeral de Xustiza enviou á Fiscalía de Santiago unha mesa e unha cadeira".

"As cales a día de hoxe seguen embaladas porque non hai sitio onde colocalas", critica a central, que engade que "non se enviou computador algún".

Así, indica que a funcionaria de reforzo "vese obrigada a estar de 'okupa' no despacho dun fiscal que se atopa de baixa porque non ten onde situarse para traballar".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta