A carta da “coacción” dun xefe de Policía a unha edil da marea

Ourense en Común fixo pública a carta que o superintendente da Policía Local mandou a unha das súas edís, Ledicia Piñeiro. A marea ourensá lembra que “o superintendente Abelardo Ulloa foi acusado en 2012 de suborno e tráfico de influencias no marco da Operación Pokemon, e continúa hoxe imputado”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/04/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A traxectoria de Ulloa foi discutida no último pleno do municipio cando se debatía sobre a situación do corpo municipal.  Algo que, a vista do contido da misiva, non lle sentou nada ben a quen fóra máximo responsábel da Policía Local de Ourense.  

Primeira páxina da carta do superintedente da Policía Local a Ledicia Piñeira enviada por Ourense en Común aos medios de comunicación
Primeira páxina da carta do superintedente da Policía Local a Ledicia Piñeira enviada por Ourense en Común aos medios de comunicación

Ourense en Común critica que “a carta fose entregada en man por un policía de servizo, e denuncia que no contido da mesma se fan comentarios que poden encadrarse nunha coacción a un cargo público, co fin de intimidar”.

Na epístola, o axente dille á representante cidadá que el foi o máximo responsábel do corpo armado dende hai 30 anos, “posiblemente antes de que vostede nacera”. O funcionario, que pide acuse de recibo da misva, presume tamén das súas diferentes cualificacións e experiencia como axente da orde.

Outro dos puntos dos que deixa constancia é que el xa non é o máximo mandatario da Policía Local, dende 2012, cando saltou a súa imputación. Unha decisión que cualifica de “ilegal” malia que admite que non a recorreu. 

En 2012, o daquela xefe da Policía Local de Ourense, Álvaro Abelardo Ramón Ulloa Pardo, foi cesado do seu cargo, de libre designación, tras ser detido e imputado no marco da 'Operación Pokemon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas. Porén, Ulloa, estivo en liberdade baixo fianza tras pagar 5.000 euros, mantén a praza de superintendente, obtida por oposición. Na súa declaración ante a xuíza Pilar de Lara, en 2014, segundo informara La Región negou calquera trato de favor e ter recibido pagos periódicos de Vendex.

Ledicia Piñeiro de Ourense en Común
Ledicia Piñeiro de Ourense en Común

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Victoria S.

Independientemente dos meritos, corruptelas e defectos do Abelardo non se ve coacción algunha na carta. O primeiro que tiña que facer Ledicia era aprender a ler correctamente porque as súas intervencións nos plenos son penosas. Como se pode ser concelleiro con tan pouca base intelectual?

4 Pokenón

Vaites! o Superintendente Vicente en Ourense!

3 eusi

a PPodremia está visto que non ten limites. Cren que son os donos de todo grazas ao deixar facer dos PPaifocos

2 Porco Cochón

Gran actriz ;-) https://www.youtube.com/watch?v=Z8Q...

1 Victoria S.

Podería ser un pouco mais educada cando se cruza cos cidadans ourensáns. Non se pode ir de diva pola vida cando non se é.

1 Bng españois

Vaites! Un madeiro do Bng, coma os de troleada.

1 Fidel Garcia

Se a Troleada vos proe,ranhai,ranhai

2 ezpañois

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA Do BNG no da UPG jajajajajajajajajaja aquí tamen pomos o BNG con calzador ainda que non teña que ver, se o BNG son españois o resto deben ser castellanos polo menos.