Por Galicia Confidencial | Friol | 27/04/2017 | Actualizada ás 13:00
"Gandería, sociedade e lobo: cara a coexistencia". Ese é o título da xornada que organiza O Xan, grupo de opinión sobre a xestión de lobo en colaboración coa asociación Carballo Vivo e que ten por obxectivo analizar a relación e a posible convivencia entre esta especie e o ser humano, sobre todo, os gandeiros que soen ser os máis afectados polos seus ataques.
Por iso, nesta xornada vaise tratar amplamente a situación actual do lobo en Galicia visto dende moi diversos puntos de vista: a administración, os investigadores, os conservacionistas, os gandeiros, os técnicos e os cazadores.
A xornada está dividida en dous bloques, pola mañá centrarase na situación da especie e as políticas de conservación e pola tarde sobre as ferramentas para acadar un bon nivel de convivencia (métodos de prevención, experiencias e debate social). Ao final de cada bloque está prevista unha ampla sesión de debate aberto que os organizadores consideran de gran importancia “xa que este tema xera moita controversia na sociedade”, segundo din.
Esta sesión forma parte das Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural que se desenvolverán no centro Sociocultural de Friol o vindeiro sábado 6 de maio, a partir das 10 da mañá. Inscrición gratuíta e obrigatoria en https://grupo-oxan.blogspot.com.es/
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.