Absoltos seis xornalistas de La Voz denunciados por Arcángel de Torres

O Xulgado condena ao xornal por publicar unha fotografía súa sen o seu consentemento.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/05/2017 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Seis xornalistas de La Voz forons absoltos das denuncias formuladas contra eles por Arcángel de Torres, un modisto coruñés que resultou absolto dun xuízo por pederastia por falta de probas.

Sede de La Voz de Galicia en Sabón, A Coruña
Sede de La Voz de Galicia en Sabón, A Coruña | Fonte: lourdesvirtual.com

Con todo, o Xulgados de Primeira Instancia número 7 de A Coruña condena a La Voz a pagarlle 10.000 euros, "con aplicación de intereses", por difundir unha imaxe súa sen o seu consentemento expreso. O xulgado entende que houbo "intromisión ilegítima en el derecho a la propia imagen de Arcángel de Torres Ramírez, consistente en la publicación de su fotografía obtenida sin su consentimiento expreso". Non obstante, absolve aos informadores de todas a demandas que de Torres formulaba contra eles.

O caso de Arcángel de Torres, investigado no seu día por abuso a menores, xerou unha gran expectación na Coruña. Tras pasar por prisión foi absolto ao non haber probas de que cometera delitos.

"He ganado juicio contra La Voz , espero que lo comuniquéis .Es una aberración todo lo que se dijo de mi . Mentiras , dónde ocupaba mi puesto de trabajo etc …así que creo que este es un buen luar para hacelo público .Hubo una investigación , jamás lo he negado ni eso ni otras cosas , pero al juicio fueron personas en mi defensa , ellos , ninguno . No sol eso , alguien , que con cinco informes demostraba que no soy lo que este periódico decía . Ya os dije que tengo paciencia , porque sé mi verdad y la justicia es la segunda vez que me la da . Confïo en que lo divulguéis. Un saludo", escribía o modisto nun blog logo de coñecer a primeira sentencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta