O galego Jesús Gago asesora á ONU sobre contaminación de microplásticos no mar

O investigador do Centro Oceanográfico de Vigo forma parte do grupo consultivo que se reúne na sede de Nacións Unidas Medioambiente en Nairobi (Kenya) do 9 ao 12 de maio.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/05/2017 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

Jesús Gago, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo, do Instituto Español de Oceanografía (IEO), participa estes días no asesoramento á ONU para abordar o problema da contaminación de microplásticos

Jesús Gago, investigador do Instituto Español de Oceanografía.
Jesús Gago, investigador do Instituto Español de Oceanografía.

O investigador galego é membro do grupo consultivo que se reúne do 9 ao 12 de maio na sede de Nacións Unidas Medio en Nairobi (Kenya) para abordar o problema do lixo mariño e microplásticos. O obxectivo é examinar e incluír as modificacións propostas ao borrador cero da avaliación do problema, cun enfoque na preparación de opcións para abordar as lagoas a nivel mundial que presenta este tema. O borrador cero da avaliación discutirase e será debatido polos membros do grupo consultivo.

O segundo período de sesións da Asemblea das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, celebrado en maio de 2016, adoptou unha resolución sobre plástico mariño e microplásticos. Entre outras cousas, solicítase á ONU que realice unha avaliación da eficacia das estratexias de gobernanza internacionais, rexionais e subrexionais pertinentes; así como dos enfoques para combater o lixo plástico mariño e os microplásticos tendo en conta os diferentes marcos normativos e determinando as posibles lagoas e opcións para abordalos, mesmo mediante a cooperación e coordinación rexional.

Os resultados da avaliación presentaranse á consideración da Asemblea das Nacións Unidas para o Medio Ambiente no seu terceiro período de sesións, celebrado en decembro de 2017

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta