VIGO | 12/05/2017 | Actualizada ás 17:00 por EUROPA PRESS
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o estaleiro vigués Hijos de J. Barreras traballa na estruturación de financiamento de "un gran barco", proceso que confía en "que poida finalizar con éxito" para que a operación se peche en "cuestión de semanas".
Tras reunirse este venres con representantes da Factoría Vulcano, en Vigo, Feijóo mostrouse "optimista" coa situación de Barreiras e dixo que espera que o estaleiro "sexa capaz de concluír" satisfactoriamente a estruturación de financiamento, na que "a Xunta está a participar" e que entende que "está coroada".
No relativo a esta operación non achegou máis detalles e limitouse a dicir que se trata de "un pedido importante" que se atopa "na fase final". "A Xunta volve estar, por suposto, cos estaleiros de Vigo e neste caso con Barreiras", selou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.