A CRTVG afronta o cambio máis importante do seu organigrama desde o bipartito

O director xeral explica que os novos cambios van acordes coa transformación do ente público en Corporación. Créanse novos departamentos e fusiónanse as competencias da RG e da TVG. Chegan novos cargos e cesan históricos cargos vinculados a época de Manuel Fraga. “É un golpe de man de Sánchez Izquierdo para asentar o control interno”, apuntan fontes consultadas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 23/05/2017 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A CRTVG acaba de cambiar todo o seu staff directivo, uns cambios que son os máis importantes desde o bipartito, tanto en organigrama como en persoal nomeado e cesado. Así, o ente público acaba de reestruturarse en cinco grandes e novas áreas, “máis transversais e horizontais”, pero non modifica o número de directores, que seguen sendo 12, baixo a dependencia do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo.

Unidade móbil da TVG na Praza do Obradoiro
Unidade móbil da TVG na Praza do Obradoiro | Fonte: crtvg.es

Foi este martes cando o director xeral da CRTVG informou ao Consello de Administración desta nova estrutura e dos nomeamentos, que entrarán en vigor o vindeiro 1 de xuño. Sánchez Izquierdo enmarcou a remodelación “na necesidade de responder ao profundo cambio de modelo dos medios galegos, inmersos nun proceso transformador que vai garantir o futuro da CRTVG e a sostibilidade dun servizo público de calidade para á sociedade galega, un servizo adaptado á nova era dos medios multiplataforma”.

A nova CRTVG pasa a estar organizada en cinco grandes áreas. Estas son a área de Xestión Corporativa, a área de Información e Documentación, área de Contidos, a área de Soporte Tecnolóxico e Medios e a área de Innovación e Negocio. Xunto ao nomeamento dunha Adxunta ao director xeral créase a Oficina do/a Director/a Xeral, na que pasa a integrarse o departamento de Proxección Social.

Áreas

A nova Área de Xestión Corporativa integra unha nova directora de Recursos Humanos, Susana Fernández Veiguela, licenciada en Dereito e avogada laboralista. A área, que segue dirixida por Miguel Rodríguez Barrio, abrangue Asesoría Xurídica, o departamento Económico e Contabilidade, e Recursos Humanos.

Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG
Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG | Fonte: cineytele.com

A Área de Información e Documentación será dirixida por Concepción Pombo Romero, xornalista e actual redactora xefa de Informativos. Pilar Bermúdez, ata o de agora directora de Informativos, pasa a ser Directora Operativa, con responsabilidades directas na Radio Galega. Esta área será un dos nodos centrais da organización en canto á elaboración, xestión, arquivo e difusión dos contidos informativos, tanto da TVG como da Radio Galega.

A Área de Contidos estará dirixida por Fernando R. Ojea,  quen foi director de Proxección Social os últimos oito anos. Esta área integra o antigo departamento de Programación e terá responsabilidades en relación a todos os contidos non informativos da Corporación. Rosa María Sierra, ata agora subdirectora da Radio Galega, será a subdirectora de Programación e Emisións.

Pola súa banda, a Área de Soporte Tecnolóxico e Medios será xestionada por Sara González Otero, licenciada en Física e Enxeñeira Superior en Electrónica, de traxectoria profesional internacional no ámbito da enxeñería. Responsabilizarase do funcionamento das infraestruturas e sistemas técnicos e tecnolóxicos, así como dos recursos e procesos técnicos de produción e realización. A subdirección de Medios será exercida por Carlos Carballo, ex director de Voz TV.

No tocante, a Área de Innovación e Negocio será dirixida por José Pereira Fariña, ata agora Vicerrector de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A nova área integrará o servizo de Xestión Comercial e de Marketing e outro, de nova creación, o servizo de Entorno Dixital.

Finalmente, noméanse como Adxunta ao director xeral a Rosa Vilas Núñez, ata agora directora xerente da RTVG, e como director de Proxección Social ao xornalista Xaime Arias Rodríguez, que vén desempeñando o seu traballo para varios medios desde Nova York.

Cese de históricos cargos

Esta nova estrutura supón o cese de destacados dirixentes do ente público que traballaran nel desde a época de Manuel Fraga, entre eles, a directora da Radio Galega, Rosa María Martínez; o director de Produción, Javier Valderrama, o director do Departamento de Programación e Emisión, Fernando Rodríguez Madriñán; o xefe de Servizo de Formación e Selección, Paulino Novo ou os redactores xefes do Departamento de informativos, Xosé Manuel Díaz Maseda ou Fernando González Macías.

Uns cambios aos que se referiu Sánchez Izquierdo que salientou o traballo desenvolvido polo equipo directivo  saínte “que ata o día de hoxe liderou a organización nestes últimos nove anos”. “Agradezo a súa implicación, valía profesional e absoluto compromiso”, dixo.

Golpe de man

Os cambios na dirección do ente público colleron por sorpresa a case todo, mesmo, a cargos cesados. “Algúns souberon desta situación esta mesma mañá”, apuntaron a GC fontes da CRTVG, “e, desde logo, a cara dalgúns deles era un poema”.

Segundo estas fontes, Sánchez Izquierdo afianza o seu poder e control no ente público e “dá un golpe de man” contra os cargos que “aínda resistían” da época de Arturo Maneiro, director da Radio Galega e da TVG a comezos dos anos noventa, antes de que se fixera cargo da dirección xeral Francisco Campos. “Está claro que Sánchez Izquierdo sae reforzado de cara a modernizar o ente público”, apuntan. 

De feito, a fonda reestruturación foi levada con tal coidado que tampouco os sindicatos estaban o tanto da mesma. Este mesmo martes tiveron que suspender unha xuntanza que ían manter co xefe de Recursos Humanos porque lles comunicou que “estaba en funcións”.

Preocupación entre os traballadores

Por iso, hai preocupación entre os traballadores xa que moitos deles están en situación de temporalidade. “Non sabemos que vai pasar con aqueles que están nun servizo que acaba de ser suprimido ao crear novas áreas”, apuntan.

Sobre estes cambios, Raquel Lema, da CUT, o sindicato con maior representación na CRTVG, apuntou a GC que, coma moitos, “está sorprendida”. En todo caso, suliñou que a dirección ten que explicar en que van consistir estas novas áreas a nivel laboral e como van a afectar aos traballadores e, sobre todo, aclarar que vai pasar coa negociación da nova clasificación profesional e actualización do cadro do persoal. Tamén sobre a estruturación das delegacións e a futura apertura das que se pecharon hai anos coa crise, como a de Burela ou Ferrol, entre outras. 

Sede da CRTVG en San Marcos
Sede da CRTVG en San Marcos | Fonte: crtvg
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 Xosé

Bilingüe xa tedes VTV. O que precisamos na GZ é máis TV e radio en galego.Por outra banda, concordo cos comentarios anteriores. Cando os medios españois teñan opcións para ver a programación en calquera dos idiomas cooficiais do estado, entón poderemos falar da TVG bilingüe.

1 nostrus

É curioso que os que se laian porque se emite a misa nas televisions publicas sodes, ao mesmo tempo, os que mais reclamades as televisions en galego en exclusividade; pode que se deba a que tanto para unha cousa como para outra o único que se precisa é ser intolerante. As tv publicas debense as demandas sociales porque para adicarse a gañar cartos ou a evanxelizar xa estan as privadas. Probablemente os que estades en contra do bilingüismo tamen estedes en contra da homosexualidade.

2 abusa noutro sitio

nostrus, estabas moendo no comentario abaixo por uma TVG bilingue e não dizes nada quando és perguntado polos canais privados e públicos emitem na GZ ignorando a lingua da GZ. Escapas para aqui acima a inventare uma conversa da missa da TVG da que ninguem falara. O desrespeito que amosas é o dos ideais que representas do nacionalismo espanhol, no que os galegos somos lixo e não temos dereito a questionar nem exigir explicações. A ver cando tens a honestidade de dicir por que cres no nacionalismo espanhol que tanto defendes incluso dicindo cousas sem sentido.

3 nostrus

abusa noutro sitio. Que saibas que os galegos non somos lixo; lixo son os nacistas, sexan do modo que sexan. O principal da comunicacion é que poda chegar ao maior numero de xente que accede a ela. De todos xeitos a TVG é a tv publica de Galicia e debe representar aos galegos tanto galegofalantes como castelanfalantes e debe usar o que usa a xente na rua, ou sexa os dous idiomas. A TVE vai dirixida a todos os españoles e emitindo na lingua comun todos temos acceso a ela, inda asi a tve ten desconexions rexionais en galego. As tv privadas que emitan na lingua que lles dea a gaña. Amosaste moi sensible co galego e pouco ca relixion, pero tamen hai xente que o fai ao reves.

4 noutro abusa sitio

As privadas tenhem que emitir no nosso territorio nas condições que lhe digamos nós, que esso não o discutes. Pero resulta que não o decidimos nós. Como tampouco decidimos nós a repetição do sinal dos canais tugas. Não és justo cando ignoras o control mediático do estado espanhol para a imposição do idioma espanhol na nossa terra. No meu comentario abaixo expliqueite as minhas condições para apoiar o bilinguismo na TVG.

5 nostrus

No seas pelma tio. Para empezar no se a que te refieres "no nosso territorio nas condições que lhe digamos nós", ¿quienes somos "nos" y cual es nuestro territorio?. Prohibir que se use una lengua es tan fascista como prohibir que se hagan mezquitas e imagino que tambien estaras en contra de la homosexualidad. el fascismo nuevo es tan fascista como el fascismo viejo aunque se autodenomine antifascista.

6 Leñalmono

Te lo digo yo, Nostrus. Lo que el señor te quiere decir y pareces no entender es que en Galicia (ahora sí entiendes?) hay una media de cien programas, artículos etc. en castellano por uno en gallego. Es por eso y no por vuestra infantil alegación de la "utilidad" y "validez para la ciencia" del castellano, que hay disminución del uso del gallego entre la juventud. También es cierto que, a pesar de que en la vida real no es así, cuando habla un experto en la RTVG se procura que lo haga en castellano. Pero lo que es más discriminatorio es que de 40 canales de TDT sólo 2 lo hagan en gallego y el resto en castellano. Ahora venme con lo de la privacidad y tal y tal, aquí te espero.

7 sitio abusa noutro

Para emitir no territorio da GZ haberia que estar autorizado pelo povo da GZ (na actualidade via o seu parlamento), esses somos nós, os galegos. Pola outra banda, cando tí defines a GZ como um territorio bilingue para pedir bilinguismo na TVG, não falas dos outros canais autorizados (públicos e privados), que deberian fazer emisão bilingue, mais num estado que despreza a nossa nação naturalmente esso não se considera.

3 nostrus

O cambio mais importante que deberia facer a Tvg sería adaptarse a realidade lingüistica social galega e ser bilingüe. Tal como é hoxe non representa a ninguen porque non existe no mundo nongunha nacion, rexion, provincia ou aldea que sexa monolingüe en galego e enton o seu contido é totalmente artificial semellante aos concilios do Vaticano que se fan en latin e a ninguen representa, agás os fieis católicos. A tvg só representa aos fieis necio-nalistas que atopan placer sexual cando encenden a tv. Todo sexa polo ben dos naciosos e aos demais que lles dean polo.

1 abusa noutro sitio

Cando os canais espanhois que emitem na GZ emitam bilingue (galego, não ingles), cando as TVs tugas venham por defeito nas opcções dos paquetes para consumo de TV domestico, cando tenha canais em galego internacional servindo informação local na GZ para poder ver informação local de Ourense (por exemplo) num canal portugues entroques de que a informação venha dun canal espanhol... vai ser cando eu apoie uma TVG bilingue.

2 abusa noutro sitio

Que não dis nada dos canais em espanhol emitindo na GZ, que não sei nem cantos são e tinhan que nos solicitar permiso ós galegos para emitir na nossa terra. Que bilinguismo tenhem esses canais? Por que não protestas porque não tenhem programação bilingue?

2 Sesees

Non so nos entes públicos, senon en todo o sector público, funcionariado e político. Ou se reforma todo iso ou cos problemas de avellantamento, precaridade laboral e por ende moitos gastos e poucos ingresos isto vai ser difícil de manter. E non so en Galicia senon en todo estado

1 Xa xe verá o q vais vir

Quen esta detrás de toda esta historia?non hay monto tempo fixeron una persecución a un gran profesional q esta colaborando na modernidades da crtvg e anda así ten que tragar con ciertos nombramientos q non son de su gusto pero q a larga pasaras polo aro, poco tempo estarán tranquilos todos acabarán e pasarán polo q el pasou,bueno conservarán ser posto marginados e Có salario base al tempo........e será cando regrese nunca cargo...

1 Saleta

Si home si. Agora vai resultar que Sanchez Izquierdo è o Cid Campeador. Menos lobos que ten que seguir "tragando" a Pilara. Como todo o mundo sabe unha coñecida simpatizante de Podemos Que risa😜

1 Depertade

O problema da crtvg e o director e un impresentable,si ten q aguantar a Caballo profesional q eh no relevante a tecnología un negado,preguntábamos a os técnicos como se repetía as señales nos satélites ja ja ja e más preguntas de ignorantes para explicarñes a os alumnos da facultad....esta imposto por las comisiones q ingresos nos contar bancarias do director polar serie do camino de santiago e más,q investiguen como forrarse na tvg....o feixo e burro q cobre de tvg.