A Xunta dará a coñecer o novo mapa de transportes de Galicia o 30 de maio

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, sinalou que o Goberno galego dará a coñecer o novo mapa de transportes a comunidade autónoma o próximo 30 de maio.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2017 | Actualizada ás 21:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, sinalou que o Goberno galego dará a coñecer o novo mapa de transportes a comunidade autónoma o próximo 30 de maio.

A Conselleira De Infraestruturas E Vivenda, Ethel Vázquez, Manterá Unha Reunión
A Conselleira De Infraestruturas E Vivenda, Ethel Vázquez, Manterá Unha Reunión | Fonte: Europa Press

Así o dixo nunha entrevista na Radio Galega, onde explicou que este modelo reordenará o sector en seis zonas con novos contratos que darán máis cobertura territorial.

Vázquez sinalou que desde o mes de setembro "garantirase e mellorará o servizo no rural, aproveitando as prazas vacantes de transporte escolar que poderán usar os veciños". "É a mellor fórmula para garantir o transporte á xente do rural", insistiu.

Así mesmo, apuntou que non van suprimir "liñas", senón que se cambia "a forma de contratación coas empresas", algo que "notarán os usuarios".

A primeira fase afectará o transporte nas provincias de Lugo e Ourense, desde o mes de agosto, mentres que a segunda será na Mariña luguesa en decembro de 2019.

Preguntada pola AP-9, Vázquez confiou en que a titularidade pase a ser autonómica, aínda que rexeitou que iso implique a desaparición da peaxe. Así, destacou o "consenso unánime" na Cámara galega, e que "agora haberá un debate no Congreso", insistindo en que terán a "oportunidade" de facer propostas nunha comisión bilateral co Ministerio de Fomento.

Tamén criticou as "trabas" que pon o Concello da Coruña ao plan de accesibilidade do transporte metropolitano, sinalando que "dan voltas para conceder licenzas menores para obras de paradas necesarias, para non ter que pasar pola a estación de autobuses".

Sobre o AVE, reiterou o obxectivo de que estea en servizo a finais de 2019, e destacou que paralelamente trabállase na posta en marcha das estacións intermodais, incidindo en que salvo na Coruña licitaranse as primeiras fases este mesmo ano.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta