Etiquetas

Vivimos nunha sociedade de etiquetas, se es de dereitas entendes de economia, se es de esquerdas es progresista, se es de dereitas restrinxes dereitos, se es de esquerdas es activista, e así moitas cuestións que poderiamos analizar dunha e nunha, e relativizar constantemente.

Por Carlos González Armada | Vigo | 27/05/2017

Comparte esta noticia
Estas etiquetas caen continuamente e non reparamos niso, algúns se aperciben un só momento, e outros nin iso, pero o que queda finalmente é o esquecemento, ninguén lembra os feitos e afloran unha vez mais a etiquetas.
 
Acabamos de saber que Portugal acaba de ser extraído da zona de risco económico europea, e España quedou inmersa dentro....Portugal esta gobernada pola esquerda, España pola dereita.....a etiqueta de que a dereita sabe mais de economia que a esquerda quedaria rota de forma inmediata con este simple dato, mais pronto iso se esquecerá e voltaram a aflorar as etiquetas.
 
Pero se imos mais alá veremos que ademas cando recibiu o goberno de esquerdas de Portugal o encargo dos cidadáns, a súa crise era aínda peor que a de España, eles sacaron ao pais desa profunda crise e nós seguimos aqui, dentro de ela. Vou escapar de datos numéricos da economia de ambos os países porque converteriamos a lectura nunha tema tecnico, e trátase de comprender que as etiquetas que socialmente se adquiren non son sempre certas, é mais, mesmo diria que cais nunca son certas.
 
Profundando na cuestión veremos que ese goberno de esquerdas esta realizando realmente políticas de esquerdas, totalmente contrarias ás designacións iniciais da TROIKA, e saíron adiante cun notable. Ese goberno socialista esta sendo apuntillarlo e controlado polo bloco, sendo ese o motivo de que as politicas sexan realmente de esquerdas.
 
Pero se esquecemos Portugal e vímonos a España poderemos observar que no concello de Oleiros que goberna un alcalde moi de esquerdas, (GELO), que mesmo colocou unha estatua do Che Guevara nunha rotonda da cidade, a renda per capita dos cidadáns é a maior da provincia da Coruña, e que terminaron por votarlle ao devandito alcalde, ata unha parte dos votantes do PP, porque a calidade de vida dos cidadáns en Oleiros é excepcional. E ainda mais perto do exemplo de Portugal, aqui na España, podemos colocar a o goberno municipal de Ames, donde un pacto similar ao portugués esta a otorgar uma calidade de vida moi boa na vila, e es ese concello a teniente de alcalde e una compañera de Podemos.
 
Existe a etiqueta que ser do PP é ser corrupto, (ata agora estano demostrando certamente), pero non no PSOE, cuxa etiqueta é ser de esquerdas. A realidade é que no PSOE existe tanta ou mais corrupcion que no PP, e que hoxe en dia o PSOE non é un partido de esquerdas. A maior proba do que afirmo é que o seu alcalde estrela, Abel Caballero, dirixe un goberno corrupto en Vigo, e que o seu novo lider renacido, Pedro Sanchez, vén de ser conselleiro nunha entidade bancaria onde asinaba preferentes.
 
En definitiva, as etiquetas son o que son, etiquetas, e isto lévanos a pensar que non deben de ser observadas, non deben ser pensadas como un halo de realidade....a democracia de España, e de partir de Europa, non é tal democracia, son en realidade ditaduras impostas a golpe de dependencia económica no canto de selo pola forza das armas.
 
Sinceramente creo que temos un gran camiño de problemas e obstáculos por diante para obter unha democracia efectiva, e de derrubar etiquetas, e para iso é esencial, volvendo ao exemplo Portugués, un partido real e radical de esquerdas que poida controlar ou impoñerse e colaborar, a outro con tendencias esquerdistas, aínda que relativas, como é hoxe en dia a socialdemocracia....ou bloco en Portugal, Gelo en Oleiros, ou Genma en Ames, demostran que a esquerda pode facer boas políticas económicas, e garantindo dereitos sociais de todos e todas sacarnos da crise......o problema non é a ideologia de quen goberna, senón das persoas que a aplican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA