O alcalde da Coruña di que quere optar a un segundo mandato

Critica a Feijóo por "castigar" ás cidades que non votaron polo PPdeG e denuncia que Beatriz Mato se comporta como unha "hooligan" do PP. Afirma que lle gustaría "reconducir" as relacións co PSOE e considera "anómalo" que a lista que gañou por maioría en En Marea "non estea a facer as labores de coordinación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2017 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quere optar a un segundo mandato. E expresa este desexo mentres denuncia unha política de "castigo" por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coas cidades "que non se comportan electoralmente como o PP quere". Tamén aposta por reconducir as súas relacións co PSOE e critica que en En Marea non estea coordinando "quen gañou por maioría".

Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista en Europa Press, Ferreiro fixa como obxectivos ata o final do mandato "a recuperación" dos terreos portuarios "cunha solución global que asegure a súa incorporación á cidade e non sexan pasto da especulación". Tamén espera que, ao final deste mandato, os pequenos propietarios do Ofimático "teñan solucionados os seus problemas e os cooperativistas estean a vivir nas súas vivendas".

A estas cuestións, suma actuacións no ámbito da mobilidade ou avanzar na constitución da área metropolitana, sobre a que lamenta o "bloqueo do PP". En canto ás eleccións de 2019, Ferreiro di estar "disposto" a repetir se lle apoian as bases da Marea e aposta por que esta se converta "nunha forza cidadá que soporte unha acción de goberno".

BALANCE

Por outra banda, o balance destes dous anos de goberno, cualifícao de "razoablemente positivo". "Moitas cousas que levaban anos esperando como a recuperación da memoria histórica no rueiro ou a renda social municipal xa están implementados", cita, entre outros exemplos.

Preguntado se a cuestión de confianza á que se someteu foi o momento máis difícil, admite que non foi "agradable", pero engade que foi peor "a aprobación dos orzamentos de 2016 e esas emendas cruzadas entre o PP e o PSOE que nos furtaron un instrumento normal para calquera goberno municipal".

"É difícil xestionar uns orzamentos que non deseñas e que están cambiados para facerche as cousas máis difíciles", laméntase. Ademais, recrimina a PP e PSOE unha política "sen proxectos e nin unha soa vontade de construír".

Tamén recoñece que non esperaba tantos problemas para chegar a acordos co PSOE. "O coherente cun grupo que outorga os seus votos a un goberno nunha investidura é facilitar a gobernabilidade", afirma.

En particular, critica que este partido "tivese máis fácil chegar a acordos co PP" que coa Marea Atlántica. Aos socialistas, lémbralles que o seu novo secretario xeral, Pedro Sánchez, "fixo un pronunciamento bastante potente do entendemento entre as forzas da esquerda". Por iso, di que, no ámbito municipal, gustaríalle "reconducir a situación".

CRÍTICAS A FEIJÓO

Por outra banda, sostén que "a verdadeira parálise que existe na Coruña vén" dos gobernos central e autonómico. "Falamos de Alfonso Molina -di sobre a ampliación-, a Ría do Burgo ou a estación intermodal".

No caso da Xunta, di que é "moi difícil a cooperación leal". En particular, critica que nin a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nin Feijóo respondesen á súa petición dunha reunión sobre o plan de transporte metropolitano. "Non permitiremos a entrada de buses ata o centro mentres non se nos asegure que temos control para avaliar a entrada e os problemas de tráfico", insiste.

"Sorpréndeme que o presidente diga que está acordado -o plan- cos concellos, non é certo, alguén lle está informando mal", engade. Na mesma liña, móstrase crítico con Beatriz Mato. "Sorpréndeme ver a unha conselleira dar unha rolda de prensa coma se fose a portavoz do grupo municipal, é confundir os papeis", recrimínalle.

No entanto, precisa que "o que lle preocupa" é que a actual conselleira, posible candidata á Alcaldía en 2019, non se comporte como unha conselleira "de todos e de todas, se non como unha hooligan do PP", engade ante as súas críticas ao goberno local.

FUTURO DE EN MAREA

Noutra orde de cousas, e preguntado pola situación de En Marea tras a elección da coordinadora, afirma que é "anómalo que a lista que gañou por maioría absoluta nunhas eleccións internas non sexa a que estea a facer os labores de coordinación".

Por iso, cre que no próximo plenario "haberá que debater a situación" para tamén determinar "se esa dirección que está a levar a coordinadora é referendada polas bases". Sobre Luís Villares, admite que o seu papel "non é fácil", pero, a colación, remarca que "o que uno espera dun portavoz parlamentario e portavoz de En Marea é que sirva de aglutinador de diferentes sensibilidades"

"E non tome partido claramente por unha das sensibilidades nun espazo tan complexo e tan plural". "Na medida en que responda a este reto terá éxito e na medida en que non será máis difícil que o teña", advirte ao insistir en que o prioritario é que o partido instrumental ofreza "unha fórmula de facer política diferente".

MOCIÓN DE CENSURA

Ferreiro, que contesta cun "falamos todas as semanas" ao ser preguntado se abordou unha estratexia común nesta cuestión cos alcaldes de Ferrol e Santiago, mostra, por outra banda, o seu respaldo á moción de censura contra o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

"Había unha maioría social que non quería que o PP seguise no goberno pero nestes meses, todo o que pensabamos da corrupción no PP, non só confírmase se non que aumentou". Por iso, considera que é "máis urxente que nunca" quitar a esta formación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

12 Sesees

Eu non son fan destes mareantes polas formas . Non se pode ir de pobre cando non se e . Son dos que penso que na política non todo vale porque iso despois trasladarse a sociedade. Pero si consigue que os terreos portuarios queden liberalizados pa uso e disfrute dos coruñeses ten o meu voto . Na Coruña queda pouco traballo, as industrias pechan, e estamos abocados a o turismo. O Porto libre de edificacions e como via de acceso al transporte público interurbano sería un gran acerto para p futuro . O demais, politiqueo

11 podreiros demonio expañol

a vivir do conto o axente da burguesía socialdemócrata de podreiros expañolentos! AGORA SI QUE PODEMOS DECIR CON TODA A RAZON QUE PODREIROS ESTA GOBERNANDO EXPAÑA A TRAVES DO PARTIDO POPULETA!- bla-bla-bla, politicastro infausto, capitalista e dereitista, e a burguesía liberal de podreiros, para eles ser galego e ser delictivo!!! ALGUN DIA EXPAÑA SERA PISOTEADA E GALIZA SERA CEIBE ALCALDUCHO PODREIRO!!!- xa vemos os cambios que houbo, o alcalde non di nada "das melloras" que ten producido nos coruños... a vida voltouse moito mais alegre desde que esta roubando a marea podreira!

10 Gamela

Alguén vai ter que falar claro sobre o lío das Mareas... se Xulio Ferreiro é criticado por todo dios sendo o máis transparente dos alcaldes que diríamos dos tres da Marea de Vigo que levan 3 meses BLOQUEANDO contas e sen transparencia algunha? Esto semella ser cada día máis unha Casa de Putas (sen dona) Villares CALA e OTORGA !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat...

1 Gamela

Gamela, leva máis de 8 anos criticando a política autoritaria de Abel Caballero https://goo.gl/DDXlG9 e NUNCA foi bloqueada polo alcalde de Vigo , e agora teño que aturar que o langrán de Rubén Pérez (EU) CENSURE a miña conta en Twitter ??? Cousas veredes... pero esta é difícil de TRAGAR !!!

2 o espello

Pobriño Gamela, mira que peniña me das, censuroute o cretino Ruben Perez, igualiño que ti aplaudiches e defendeches a censura en GC (por dicir que lle estaban tapando o rabo ao neno do cacique Baltar). Que che aproveite!

3 Gamela

sempre defendín, ata onde recordo, a Liberdade de Expresión en GC mesmo cando os comentarios semellaban ser máis un ataque á liña de flotación do medio que o dereito a discrepar... pero igual levas razón non teño memoria de elefante... en calquera caso na Marea de Vigo é onde carecemos desa LIBERDADE !!!

4 Baffiña

Que vigadas más aburridas!

5 Gamela

deixar en mans dun Cacique Local a política da cidade máis poboada de Galicia, certamente aburre a calquera! O malo é ver como os que tiñan que poñer a Vigo no mapa da nova política durmen no sillón do Concello e da Deputación (aburren a calquera) http://www.galiciaconfidencial.com/...

9 Martiño de Coirós

Ay, si, ya te me acordé es el señor ese por el que te voté en las otras elecciones. Que riquiño te me parecía daquella! Y nada radical, no coma eses bloqueiros que te andan todo el día con el gallego para riba y para abajo. Me decepcionó algo porque yo te pensaba que nos iba recuperar lo que nos quitaron los de Santiago y ahora los de Vigo que te tienen una obsesión muy bárbara con nosostros. Pero, no se compara con Paco que este nin construyó una plaza ni un centro comercial. Que vuelva Paco que a mi este señor ya nin fu ni fa. Yo te pensé que iba a ser como Paco pero hablando en gallego de vez en cuando a ver si callaban eses pelmazos bloqueiros. Además era de Beiras que también es riquiño.

1 O CORUÑOS NON E NADA

deixa xa de falan o andalusí.... deixa de tocar o carallo, que seipas que hoxe o alcalducho de mareas podreiras non e iste sinon o GOLFIÑO MERENDIÑO DE SANTI-AGE DE COMPOÑENDAS, hoxe saiu o palacio do concello rodeado dos malvados da guerra das galaxias, dart vader, lord sidius e depmais patulea...

2 Martiño de Coirós

Ja. Eso te lo parecera a ti, burranzán. Tu lo que eres es un rancio que deliras mucho. E si queres escribochelo en galego, a ver que pensas. Aqui o que vos fastidia é que a esquerda galega sexa coma a de Madrid ou Barcelona, moderna que ata Varoufakis o di. Rancios e pasados de moda é o que sodes, que non vos enterades de coma vai o mundo e co do galego tamén vos pasades algo. Aver, xa se estudia como lengua e a min a verdade ben máis útil me foi o inglés. Que conste que Julio/Xulio non é nada tipo bloqueiro nesto, algún concejal ao mellor si, pero el non. E un home dialogante e profesor da Uni. E ademais sempre estades co rollo do galego e poñendo a xente de Vigo ou da montaña en cabeza. Xa era hora de que nos descollasemos, que para algo somos ciudad liberal por excelencia.

8 Martiño de Coirós

Julio Ferreiro, quien te viene siendo?