O alcalde da Coruña di que quere optar a un segundo mandato

Critica a Feijóo por "castigar" ás cidades que non votaron polo PPdeG e denuncia que Beatriz Mato se comporta como unha "hooligan" do PP. Afirma que lle gustaría "reconducir" as relacións co PSOE e considera "anómalo" que a lista que gañou por maioría en En Marea "non estea a facer as labores de coordinación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2017 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quere optar a un segundo mandato. E expresa este desexo mentres denuncia unha política de "castigo" por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coas cidades "que non se comportan electoralmente como o PP quere". Tamén aposta por reconducir as súas relacións co PSOE e critica que en En Marea non estea coordinando "quen gañou por maioría".

Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista en Europa Press, Ferreiro fixa como obxectivos ata o final do mandato "a recuperación" dos terreos portuarios "cunha solución global que asegure a súa incorporación á cidade e non sexan pasto da especulación". Tamén espera que, ao final deste mandato, os pequenos propietarios do Ofimático "teñan solucionados os seus problemas e os cooperativistas estean a vivir nas súas vivendas".

A estas cuestións, suma actuacións no ámbito da mobilidade ou avanzar na constitución da área metropolitana, sobre a que lamenta o "bloqueo do PP". En canto ás eleccións de 2019, Ferreiro di estar "disposto" a repetir se lle apoian as bases da Marea e aposta por que esta se converta "nunha forza cidadá que soporte unha acción de goberno".

BALANCE

Por outra banda, o balance destes dous anos de goberno, cualifícao de "razoablemente positivo". "Moitas cousas que levaban anos esperando como a recuperación da memoria histórica no rueiro ou a renda social municipal xa están implementados", cita, entre outros exemplos.

Preguntado se a cuestión de confianza á que se someteu foi o momento máis difícil, admite que non foi "agradable", pero engade que foi peor "a aprobación dos orzamentos de 2016 e esas emendas cruzadas entre o PP e o PSOE que nos furtaron un instrumento normal para calquera goberno municipal".

"É difícil xestionar uns orzamentos que non deseñas e que están cambiados para facerche as cousas máis difíciles", laméntase. Ademais, recrimina a PP e PSOE unha política "sen proxectos e nin unha soa vontade de construír".

Tamén recoñece que non esperaba tantos problemas para chegar a acordos co PSOE. "O coherente cun grupo que outorga os seus votos a un goberno nunha investidura é facilitar a gobernabilidade", afirma.

En particular, critica que este partido "tivese máis fácil chegar a acordos co PP" que coa Marea Atlántica. Aos socialistas, lémbralles que o seu novo secretario xeral, Pedro Sánchez, "fixo un pronunciamento bastante potente do entendemento entre as forzas da esquerda". Por iso, di que, no ámbito municipal, gustaríalle "reconducir a situación".

CRÍTICAS A FEIJÓO

Por outra banda, sostén que "a verdadeira parálise que existe na Coruña vén" dos gobernos central e autonómico. "Falamos de Alfonso Molina -di sobre a ampliación-, a Ría do Burgo ou a estación intermodal".

No caso da Xunta, di que é "moi difícil a cooperación leal". En particular, critica que nin a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nin Feijóo respondesen á súa petición dunha reunión sobre o plan de transporte metropolitano. "Non permitiremos a entrada de buses ata o centro mentres non se nos asegure que temos control para avaliar a entrada e os problemas de tráfico", insiste.

"Sorpréndeme que o presidente diga que está acordado -o plan- cos concellos, non é certo, alguén lle está informando mal", engade. Na mesma liña, móstrase crítico con Beatriz Mato. "Sorpréndeme ver a unha conselleira dar unha rolda de prensa coma se fose a portavoz do grupo municipal, é confundir os papeis", recrimínalle.

No entanto, precisa que "o que lle preocupa" é que a actual conselleira, posible candidata á Alcaldía en 2019, non se comporte como unha conselleira "de todos e de todas, se non como unha hooligan do PP", engade ante as súas críticas ao goberno local.

FUTURO DE EN MAREA

Noutra orde de cousas, e preguntado pola situación de En Marea tras a elección da coordinadora, afirma que é "anómalo que a lista que gañou por maioría absoluta nunhas eleccións internas non sexa a que estea a facer os labores de coordinación".

Por iso, cre que no próximo plenario "haberá que debater a situación" para tamén determinar "se esa dirección que está a levar a coordinadora é referendada polas bases". Sobre Luís Villares, admite que o seu papel "non é fácil", pero, a colación, remarca que "o que uno espera dun portavoz parlamentario e portavoz de En Marea é que sirva de aglutinador de diferentes sensibilidades"

"E non tome partido claramente por unha das sensibilidades nun espazo tan complexo e tan plural". "Na medida en que responda a este reto terá éxito e na medida en que non será máis difícil que o teña", advirte ao insistir en que o prioritario é que o partido instrumental ofreza "unha fórmula de facer política diferente".

MOCIÓN DE CENSURA

Ferreiro, que contesta cun "falamos todas as semanas" ao ser preguntado se abordou unha estratexia común nesta cuestión cos alcaldes de Ferrol e Santiago, mostra, por outra banda, o seu respaldo á moción de censura contra o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

"Había unha maioría social que non quería que o PP seguise no goberno pero nestes meses, todo o que pensabamos da corrupción no PP, non só confírmase se non que aumentou". Por iso, considera que é "máis urxente que nunca" quitar a esta formación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

7 nostrus

Normal que quiera un segundo mandato, despues de alcanzar lo que ni el mismo se cree, que es que el pueblo coruñés le entregara el mando a causa de un bajon emocional producto de tanto resquemos con la clase política. A este individuo le queda muy alto el cargo y no tiene percha para tanta resposabilidad. Imagino que cuando acabe el mandato a La Coruña le harán falta años para recuperarse. Hasta los quinques llegan al poder y luego encima se quejan de que no hay democracia.

6 Gamela

Fai ben en RESISTIR contra vento é Marea! Basta dar unha volta pola rede e comprender por que Villares non quere a transparencia da Marea Atlántica - Compostela Aberta - Ferrol en Común... semella que o OCULTISMO doutras mareas e mesmo deputadas élle máis afín ás súas dotes de MAXISTRADO en excedencia !!! https://goo.gl/44o7VZ Pero se non hai transparencia (Xulio Ferreiro cumpre ao 100%) as vindeiras eleccións municipais van ser un desastre para En Marea !!!

5 Orco

E os liberados tamén queren seguir liberándose de traballar. Pero o que vai pasar nas urnas despois da brillante xestión será culpa de laupegá que no me apoyó bastante

4 Upegallo

Ben por el, claro que si. Conste que escribo porque seica os liberados dos chiringuitos españois preguntan por min moito. Muito obrigado, é por causa vosa que agora teño que dar unha opinión que a ninguén lle importa (igual que non importan as vosas, non pensedes) . Vale que a vosa idea sobre a poítica caiba nun vaso de chupiño pero o de estragar a finde da xente xa é de mala persona, eh?

3 kollona benmesabes

Marea mala, Bloque bueno. E agora sigo comendo.Cigarras a cantar e a chupar.