Máis de 17 grupos participan este fin de semana na segunda edición de Ourenrock Sound

A banda valenciana La Raíz ofrecerá na capital ourensá a única actuación que teñen prevista en Galicia durante este ano

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 16:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Ourense acollerá o fin de semana a segunda edición de Ourenrock Sound, un festival dedicado á música alternativa que contará coa participación de 17 grupos galegos e nacionais. Entre estes últimos destaca a actuación dos valencianos La Raíz, que o sábado 3 de xuño ofrecerán a que, de momento, é a súa única actuación confirmada en Galicia durante 2017.

"Ourenrock é máis que un festival", sinalou este luns o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tras presentar o programa de actividades acompañado pola concelleira de Cultura, Belén Iglesias; Antonio Carballo, representante da empresa colaboradora Estrella Galicia e Rubén Álvarez, da compañía organizadora.

Ao longo de dous días as instalacións de Benposta (antiga Ciudad de los Muchachos) acollerán 17 concertos de grupos como Boikot, Zoo, Insolenzia (o venres) ou La Raíz, Dadikarria ou The Skarnivals (o sábado).

Álvarez, destacou "a oportunidade única" para poder "ver a 17 grupos por 22 euros", que é o prezo do bono para asistir os dous días (en despacho de billetes incrementarase ata os 30 euros).

A entrada diaria custará 20 euros. Pódense comprar na web ourenrocksound.com e en tendas de música de Ourense, A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo e Allariz.

BANDAS EMERXENTES

Se na primeira edición todos os grupos participantes eran de Galicia, nesta segunda cita a organización abriuse ás bandas nacionais, aínda que "seguirá apostando" polos novos talentos.

Así, haberá un Concurso de Bandas Emerxentes, que se realizará en colaboración cos alumnos de Produción Audiovisual, Radio e Espectáculos do centro de formación da Farixa (Ourense).

Outra das novidades desta segunda edición será a coincidencia do festival coa primeira edición da Feira do Viño do Ribeiro Reboreda Morgadío. Ademais de actuacións gratuítas, este evento permitirá aos participantes degustar viños da adega ourensá, polbo á feira e churrasco.

Por parte da organización destacouse que xa levan vendidas máis de 1.000 entradas, cando o pasado ano por estas datas as vendas apenas superaban as 700. As estimacións confían en superar os 2.000 asistentes do pasado ano. O aforamento de Benposta ten capacidade de ata 5.000 persoas.

A entrada dá dereito a acampar nas instalacións. Por parte do Concello, ademais, confirmouse que durante o fin de semana vanse a reforzar as conexións de bus con Benposta.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta