SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2017 | Actualizada ás 19:15 por EUROPA PRESS
Un neno resultou ferido este sábado pola tarde en Neda (A Coruña) debido a unha colisión entre dous turismos. Debigo ao impacto, o neno tivo que recibir asistencia médica.
En concreto, o impacto rexistrouse na AC-862, concretamente no punto quilométrico 7. Foi un particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia, tal e como este informou, ás 15:40 horas.
No seu relato, indicou que se atopaban na ponte de Xubia, sentido Neda. Ademais, sinalou que, a consecuencia da colisión, estaban a producirse retencións na estrada.
Enseguida, desde o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Médicas, á Policía Local, aos Bombeiros de Narón, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e ao servizo de mantemento da estrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.