Lugo homenaxea a Pilar García Negro

Os actos consistirán no descubrimento dun monolito e a plantación dun magnolio na Praza do Ferrol, a entrega da Letra E no Concello e un xantar de confraternidade.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 06/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A profesora e investigadora Pilar García Negro será homenaxeada en Lugo o vindeiro 10 de xuño por ter sido unha “figura central da vida cultural galega dende os anos 80” na súa terra natal. Nela recaeu este ano a  23ª edición da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E.

Pilar García Negro
Pilar García Negro

Esta iniciativa, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), ten como obxectivo honrar aos escritores e escritoras galegos procurando o contacto directo co autor ou autora, e a implicación persoal na xornada de homenaxe. Os actos consistirán no descubrimento dun monolito conmemorativo e a plantación dun magnolio, ás 11:30 horas, na Praza do Ferrol, onde Pilar García Negro xogaba de nena e onde ía ao colexio, e moi preto de onde naceu.

Posteriormente, ás 12:30, recibirá no Salón de Plenos do Concello a Letra E, unha peza escultórica da artista lucense Mónica Alonso; e haberá un xantar de confraternidade no restaurante Torre de Núñez a partir das 14:30.

“Onde está Pilar, está Galicia”, subliñou a Alcaldesa para poñer de relevo o compromiso de García Negro co país. “Ese debe ser o gran obxectivo. Que onde esteamos cada un dos galegos e galegas debe estar Galicia presente, e polo tanto a súa lingua, cultura e tradición, sobre todo aquelas persoas que temos cunha proxección pública ou representación”, asegurou Lara Méndez.

Homenaxe na cidade natal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, e o coordinador da sección de Literatura e Tradición Oral deste colectivo, Antonio Reigosa, presentaron este luns a homenaxe. No acto, a rexedora enxalzou o traballo que dende o ano 1980 desenvolve a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en prol da dignificación do oficio de escritor, así como da promoción dos autores e autoras e das súas obras, un colectivo que reúne a máis de 415 escritores de todos xéneros, poesía, narrativa, teatro ou ensaio, o que “pon de manifesto a viveza e a riqueza cultural que temos”, afirmou Méndez. 

O presidente da AELG agradeceu pola súa banda o apoio do Concello e da Alcaldesa na organización da homenaxe e destacou que “é unha especial satisfacción que Pilar García Negro elixira para celebrar a homenaxe a súa cidade natal”, unha cidade “que quere aos seus escritores”.

Cesáreo Sánchez explicou que é a primeira vez que a AELG outorga unha homenaxe a unha ensaísta, e a unha muller lucense na cidade de Lugo, destacando da súa traxectoria a  “clave feminista  en todo o que fai, dando novas visións a temas que se dan por sabido, pero na que faltaba a lectura dunha muller coa capacidade intelectual e literaria que ela ten”. 

“Como pensadora, creadora e participante en proxectos colectivos por toda Galicia, ten especial peso a investigación e divulgación extensiva, horizontal, que fai da figura e da obra de Rosalía, unha figura principal dentro do seu facer literario”, engadiu o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

A homenaxe a Pilar García Negro, destacou Antonio Reigosa, “é unha gran oportunidade para seguir abrindo un camiño de singularización e visibilización das mulleres lucenses. Lugo é patria de mulleres rebeldes, comezando por María Castaña e seguindo por Enriqueta Otero. Pilar García Negro engancha con esa memoria, con esa rebeldía”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Mame Kollontai

Esteades ou non de acordo coas súas ideas ten unha traxectoria coma investigadora da lingua e da literatura galega e especialmente coma defensora da lingua. Que eu critique ás Mareas non implica que non recoñeza que Méndez Ferrín que é ao meu entender o mellor escritor vivo nesta lingua e un dos mellores propablemente da historia da literatura nesta... Pero claro, vós sodes incapaces de diferenciar as persoas das institucións... E así nos vai.

1 nostrus

no Mame, para nada estoy de acuerdo con sus ideas. Yo defiendo el bilingüismo, la libertad, la realidad, la diversidad, el mestizaje....mientras que ella defiende el estancamiento y aislamiento cultural y el sometimiento de las personas a la lengua y a la cultura Sus ideas se asemejan mas al racismo y al fascismo.

4 nostrus

A esta muller premiana por sembrar rencor e autoodio ao seu pasado. Ela mesma ten dito que foi castelofalante ata a idade adulta para con posterioridde renegar de dita lingua e abrazar ao galego como lingua postiza que nunca lle será propia. A Rosalia pasáballe algo similar, pois inda que usar o galego para escribir, non sabia falalo. Cada un que faga da sua vida o que lle pete e deixen de evanxelizarnos porque non lle facemos pto caso

1 teutonio

Menuda incoherencia, cada un que faga da súa vida o que lle pete, pero se es castelanfalante e te pasas ao galego empregas unha lingua postiza e por tanto estás a renegar do teu pasado... pero non defendíamos a liberdade lingüística e demáis trapalladas?. Outra mostra máis das marcas negativas que afectan ao galego, os neofalantes son vistos como renegados, extravagantes, radicais ou flipados mentres que quen muda ao castelán é visto con moita máis condescendencia por parte do conxunto da poboación

2 Mame Kollontai

Con respecto ao teu, Nostrus, que queres que che diga... Rosalía sabía falar galego, coma calquera muller da súa época que estivera en contacto cos campesiños e cos artesáns. Outra cuestión é que non o usase cos seus amigos ou familiares. Chámase diglosia e abondo fixo Rosalía con escribir en galego a excelente poesía de Follas Novas... O cal por certo motivou brutais e furibundas críticas por parte dos que pensaban que o galego non servía máis que para escribir cantigas ao estilo popular... En lugar de alegrarte de que Rosalía sexa unha moi boa poeta en galego, a mellor e unha das mellores poetas tamén en castelán, ti escribes isto... En fin... Menos mal que temos xente non galega que ama a nosa lingua, coma Federico García Lorca por exemplo... https://www.youtube.com/watch?v=DGW... Deixa ti tamén de evanxelizarnos e de sementar discordia... Unete aos que amamos os sons das diversas linguas desta nosa Iberia.

3 nostrus

Non teutonio trabúcaste, esta señora pretende que todo o mundo se convirta ao nacional-nacionalismo polo feito de que ela o fixo, teñoa escoitado moitas veces. Precisamente si ela ten liberdade para convertirse, os demais tamen a teñen para non facelo. Luguesa, poda que che choque pero a realidade é esa, Rosalia non sabía falar galego e non era a sua lingua propia e con eso esnaquizase o concepto do galego como a lingua propia dos galegos, para convertirse na lingua propia das personas que a "teñen" como propia e conceptuando ao galego como un parámetro para alcanzar a galeguidade, todo falso porque hai moitos galegos que teñen outra lingua como lingua propia. Non teño nada en contra de que lle reces ao galego, pero eu non teño porque rezarlle porque non lle rezo a nada. O galego é unha lingua oficial en Galicia para que a xente a use en liberdade na dose que lle pete, que é o que hai que garantir. ¿Acaso Pilar Garcia Negro non era galega ata que se pasou ao galego?

4 Mame Kollontai

Ai que spleen Nostrus. Fala no que queiras ti e o resto...So faltaria. Creo que non nos entendemos porque ti so buscas argumentos que confirmen oa teus apriorismos. De todos xeitos boas noites.

5 nostrus

luguesa. ti non es tan radical como te fas ver, probablemente te fagas acompañar de malas compañias. Para ser bon galego non é preciso renegar de nada e abonda con ser boa persona, independientemente de con quen durmas, a quen lle reces ou a lingua que falas.......O que hai que procurarar é o benestar das personas, non é tan dificil. Todos os elementos que hai en Galicia axudan a conformar a sua realidade e a sua identidade. Un saudo agarimoso luguesa.

6 teutonio

Es aquí donde nostrus da carnets de buen gallego y de renegado?

3 RWD

Homenaxe por ?????? XD XD por chupar cartos do pobo galego durante toda a súa vida?

2 Trostky

teñen unha jetaaaa....Monolitos en vida... Estos estalinistas son ionquis do culto á personalidade..

1 Galegus

Se a UPG quere homenaxear á súa sacerdotisa máxima que o faga na súa sede co seu diñeiro. Pero que se utilicen fondos e espazos públicos para homenaxear a políticas como esta señora cuxa única achega foi ser un perfecto exemplo de antipatía e prepotencia, é unha auténtica vergoña