Temas: OKUPA

Quen saca rédito político da polémica sobre os okupas?

Crónica e análise das consecuencias políticas da manifestación en apoio da okupa Escarnio e Maldizer en Santiago. Houbo 20 identificados, 2 detidos e moitos golpeados polos antidisturbios durante o violento desaloxo do Colexio Peleteiro.

Por M.V. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2017 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Máis de 500 persoas déronse cita este sábado na capital galega para protestar contra o desaloxo dun local okupa, o Eskarnio e Maldizer, situado no centro histórico a finais do pasado mes de maio. Ao principio non houbo incidentes, pero logo manifestantes entraron na antiga sede do Colexio Peleteiro e a tensión aumentou.

Manifestantes pro okupa diante da porta do Peleteiro
Manifestantes pro okupa diante da porta do Peleteiro | Fonte: nexus

Dado que, como informou en días pasados o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, a marcha non foi notificada, os axentes despregados na zona impediron aos concentrados acceder á zona vella de Santiago. De acordo a Lei, as manifestacións non teñen porque ser autorizadas, pero si comunicadas ao Goberno Civil, que só pode limitalas no caso de que aprecie risco claro para os bens ou as persoas.

Ademais da advertencia verbal, liñas de antidisturbios totalmente equipados impediron o paso aos manifestantes cara as entradas do casco histórico desde Porta Faxeira ou Porta da Mámoa. Así mesmo, varios axentes revisaron as mochilas dalgúns dos convocados. 

Polo demáis, hai numerosas referencias nas redes sociais a rexistros nas estacións de autobuses e de tren por parte de axentes de paisano. Tamén houbo vixilancias e rexistros diante do CSO de Sar, en ocasións por parte de axentes non uniformados. 

A marcha partiu da Alameda compostelá pasadas as 21,00 horas e seguiu pola Rúa da Senra sen maiores incidentes. Un helicóptero sobrevoaba a cidade dende horas antes da convocatoria.

Ferido pola carga policial este sábado en Santiago en apoio a okupa Escarnio e Maldizer
Ferido pola carga policial este sábado en Santiago en apoio a okupa Escarnio e Maldizer | Fonte: Diario Liberdade

INTENTO DE OKUPACIÓN DO PELETEIRO

Os manifestantes marcharon pacíficamente pola zona nova da capital. Ao chegar a porta do Colexio Peleteiro, a cabaceira de manifestación colgou a pancarta de cabeza sobre as portas principais. Ducias de manifestantes entraron no gran inmóbel -abandonado hai anos- berrando o clásico "un desaloxo, outra okupación!".

Dáse a circunstancia que no Peleteiro estivo durante anosa sede da Comisaría da Policía Nacional na cidade , aínda que provisionalmente. Parece que a intención dos activistas era realizar unha asemblea na antiga sede deste colexio privado. Non estaba claro se ían tentar unha nova okupación -aínda que parece o máis probábel.

Os axentes antidisturbios vixiaron a marcha dende a parte traseira. Despois duns minutos de tensión e de berros, achegáronse a porta. Houbo berros dos manifestantes, moitos dos cales sentaron no chan coas mans levantadas.

CARGAS E DETIDOS

Os antidisturbios  realizaron a primeira carga a iso das 22:36. Segundo algunhas testemuñas, os axentes cortaron a rúa, empurraron aos manifestantes e mesmo dispararon pelotas de goma. Houbo varios feridos debido as porradas.

A continuación os antidisturbios dirixíronse ao interior do Colexio. Compañeiros subidos nunha furgoneta disparaban sobre o muro botes de fume e pelotas de goma ao interior.  Aló esperaban uns 20 activistas, encapuchados.

Outros manifestantes trataron de impedir a súa entrada mediante unha sentada. A Policía foi botándoos de xeito violento. Os funcionarios foron arrastrando aos pro-okupa até chegar a porta e conseguir entrar. Varias furgonetas achegáronse ao inmóbel e nelas os axentes meteron a varias persoas.

O Goberno Civil informou posteriormente que houbera dous detidos. A Administración tamén dixo non ter constancia de feridos. 

Unhas vinte personas foron levadas á Comisaría, onde foron identificadas, suponds que eran os cidadáns que entraran no Peleteiro. Un cento de persoas desprazáronse á porta da Comisaría para agardar por eles. A noite transcorreu sen máis incidentes, máis alá da gran presencia de antidisturbios e o helicóptero iluminando a noite santiaguesas, circunstancia no infrecuente en Compostela todos os veráns.

LECTURA POLÍTICA

O PPdeG leva días intentando facer desta polémica o centro do debate político na cidade. Por exemplo, logrou que o seu líder local, Agustín Hernández, saira na prensa nunha reunión co seu compañeiro de partido, o delegado do Goberno en Galicia, para planificar o gran dispositivo policial de onte. De paso, os conservadores acusan ao alcalde Martiño Noriega de estar de lado dos okupas e contra a Policía.

Malia que onte non houbo agresións aos axentes e si unha dura resposta policial, o frustrado intento de desaloxo daralle munición a esta estratexia, amplificada pola prensa local oposta na súa totalidade ao Goberno de Compostela Aberta.

Tanto a marea como o BNG defenderon a manifestación. Despois desta, os estudantes nacionalistas de Erguer Galiza e os mozos do Bloque Galiza Nova sacaron comunicados denunciando a virulenta actuación policial. Non houbo políticos de primeira fila na marcha. Si estivo o escritor Manuel Rivas.

TERCEIRA PROTESTA

Coa deste sábado, trátase da terceira protesta convocada polo colectivo okupa desde que o día 30 de maio a Policía desaloxase e tapiase un centro social autoxestionado por orde xudicial. O CSO Escarnio e Maldizer programa actividades culturais nun edificio propiedade da contrutora local La Rosaleda.

Nesa mesma xornada do desaloxo, celebrouse unha mobilización que concluíu cunha detención e varias cargas policiais que incluíron gases lacrimóxenos e disparos de pelotas de goma. Seguiulle outra marcha ao día seguinte que finalizou sen incidentes.

Velaquí unha escolma do publicado nas redes sociais polos manifestantes:


Máis de 500 persoas na mobilización en apoio da okupa do Escarnio e Maldizer
Máis de 500 persoas na mobilización en apoio da okupa do Escarnio e Maldizer | Fonte: iria méndez
Rúa cortada por antidisturbios durante o desaloxo do Peleteiro
Rúa cortada por antidisturbios durante o desaloxo do Peleteiro | Fonte: Galiza Contrainfo
Policias subidos a furgonetas para disparar botes de fume e pelotas ao interior do Colexio Peleteiro, tras o intento de okupación
Policias subidos a furgonetas para disparar botes de fume e pelotas ao interior do Colexio Peleteiro, tras o intento de okupación | Fonte: Galiza Contrainfo
Temas: OKUPA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

10 eusi

A PPodremia está que rabea por comezar a facer lingotes de ouro, se chega a "ocupar" o Pazo de Raxoi de novo... #PPaoPParo #PPodresAoCaxó

9 balbino

Insultos o alcalde de Santiago que personalmente non me gusta pero do que penso que neste caso está a facer o correcto ainda que sexa impopular e perda votos, outros argallando e dicindo tonterías coma que o BNG saca rédito político deste espectáculo organizado polo PP e de paso insultar e meter as mesmas chorradas de sempre. O PP sempre topa parv os útiles nas filas da esquerda, neste foro vamos sobrados de parv os útiles a favor do PP.

1 Ana

Balbino, igual non se pode estar co demo e cos santos á vez. Hai que escoller! E se te escondes estás tomando partido polo poderoso. Certo que Mareas e BNG deron a cara primeiro, pero... Os que sempre acoden, a facerse a foto, non estaban. Preferiron esconderse, caso do alcalde, ou ir a un acto fashion, cool e light --cos fotógrafos de La Voz de Su Amo-- das graduacións, caso de Ana Pontón. Covardía agora ou postureo antes? O que ti queiras, no fondo sodes igual de dereitas por acción ou omisión!!!

8 agetas das targetas

O alcalde rebeldiño merendiño xa ten unha boa rebelión prefabricada polo PP. Agora que se coza no seu propio caldo. Estes manifestantes non son os apirolados das quechuas-

7 Lupa

Onde está Martiño? Coa boquiña pequena di que cos agredidos pero, por omisión, cos especuladores e os goberno español que utiliza a policía para beneficialos.

1 Lozano & Lores SLU

Está na cafetería, tomando un cortado... Ben o merece, pois acaba de ir á faculdade, onde aplaudiu a rabear o discurso da Ana Pontón como madriña, que bonito as postas de largo da sociedade burguesa, que lindo mirar ao BNG participando dos encantos e poses do poder establecido... Vivamos como galegos de primeira!

2 Lois

Antes foron Pablos Iglesias xefe supremos de Podemos, Beiras xefe supremo e amado líder da sucursal de Podemos en Galicia. Distinta vara de medir amigos da carroña Marea-CCOO-PP

6 galegoexiliado

¿Sr Noruega, compénsalle a vostede apoiar a esta tropa e entregar o goberno de Compostela ó ppartido franquista so por non perder uns centos de votos? Teña por seguro que a esquerda compostelana non olvidará o seu lamentable comportamento.