Ferreiro sobre o seu xogo no Congreso: “Podería haber fotos peores: podería ter aparecido cun narco”

"É certo que abrín a aplicación equivocada durante uns minutos", xustifícase o alcalde, que pide desculpas a Irene Montero. Podemos tamén critica ao ministro Méndez de Vigo por ler un libro no Congreso durante a moción de censura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2017 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asegurou que foi "desafortunado" o feito de ser fotografado xogando coa súa tablet durante o debate da moción de censura de Podemos. Con todo, considera que "non deixa de ser unha anécdota" e recoñece que non foi "moi hábil" ao provocar esa situación. En todo caso tamén aludiu a outras fotos de Feijóo: "podería haber fotos peores: podería ter aparecido cun narco" .

O alcalde da Coruña xoga no seu tableta no Congreso.
O alcalde da Coruña xoga no seu tableta no Congreso. | Fonte: Europa Press

"É certo que abrín a aplicación equivocada durante uns minutos", dixo este mércores o rexedor herculino, quen pediu desculpas á portavoz de Unidos Podemos, Irene Montero , tras ser fotografado na tribuna de invitados do Pleno do Congreso xogando coa tablet mentres ela estaba a intervir na tribuna.

O rexedor herculino foi un dos invitados por Podemos para apoiar a Pablo Iglesias na súa iniciativa de moción de censura contra Mariano Rajoy. Na mesma tribuna de invitados estaban tamén os rexedores de Ferrol e Santiago, Jorge Suárez e Martiño Noriega.

"Non estaba no hemiciclo nin presidindo. Estiven oito horas sentado no mesmo asento, e nesas horas chegan correos, mensaxes, documentos que hai que ler e nun deses momentos é certo que abrín a aplicación equivocada durante uns minutos", dixo o rexedor.

"PODERÍA HABER FOTO PEORES"

Para o alcalde, aínda que "non deixa de ser unha anécdota", lamenta que este feito restase protagonismo ao discurso de Irene Montero, a quen lle trasladou as súas "desculpas" por provocar esta fotografía "de forma non moi hábil" pola súa banda.

Íñigo Méndez de Vigo, ministro de Educación, lendo un libro no Congreso
Íñigo Méndez de Vigo, ministro de Educación, lendo un libro no Congreso | Fonte: Podemos

"É unha anécdota tendo en conta a relevancia do debate", manifestou Ferreiro, que aplaudiu o discurso da portavoz de Podemos e a relevancia deste na actualidade política do país. Aínda que recoñece que foi "un pouco desafortunado" ter dado esa fotografía, Ferreiro resta importancia asegurando que "podería haber fotos peores: podería ter aparecido cun narco" .

A diferenza do que lle ocorreu a Celia Villalobos, quen foi sorprendida xogando ao 'Candy Crush' mentres presidía o Pleno do Congreso e interviña Mariano Rajoy, Ferreiro puntualizou que el estaba de público, e nun lugar no que "estaba prohibido sacar fotografías".

MÉNDEZ DE VIGO

Ferreiro non foi o único político "cazado" durante a moción de censura. Tamén o ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, foi captado polas cámaras cun libro entre as mans mentres Montero interviña. Foi o propio twitter oficial de Podemos o que distribuiu a instantánea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 sehf

Que delito comoteu?, estaba de invitado na tribuna...e os corruptos do PPartido PPodrido en iates e gastando o diñeiro roubado a mans cheas e diso ningún periodicucho finanzado con cartos públicos di nada, sen contar os que estaban traballando no congreso meses momentos na bancada do PPartido PPodrido, todos a mirar móviles, ler libros...

5 agetas das targetas

O alcaldiño de LLa Coruña, Sulio, xogando como un neno coa tablet simboliza o ninismo infantil da marea do Podemos. Unha forza inútil que so serve de criados dos españolentos. Que razón ten o mareante Mario López Rico, cando dixo onte no twiter que a representación da marea era unha p. mer da e que botaba de menos cando Galiza estaba representada no Parlamento español.

1 comunista independentista

Mira que ben representada estaba Galiza co Bloque que pasáchedes de 200 mil a 40 mil votos. XDDD.

2 Manolo de Monte Alto

Para ninismo infantiloide da Coruña, o de AVIA GONZALEZ, de familia de liberados da UPG, experta en vivir da politica dende que cumpliu 18 anos.

4 Gallego de La Coruña

Bó, xa sabedes, a próxima foto será fumando un canuto...Un mareante é de vicios perpetuos

3 Aí lles deches

Ah claro e como Reagan foi moi malo eu paso de gobernar a alcaldía mira ti que listo Suyo

2 COMUNECIO EXPAÑOL

ALCALDE EXPAÑOLISTA TRAIDOR COMUNECIO EXPAÑOLENTO TES OS MIOLOS CORROIDOS POLA ESTERQUEIRA DO PODREIROS- O goberno de podreiros acaba de darlle para adiante á urbanización de San Pedro de Visma, unha auténtica barbaridade urbanística herdada do peor dos tempos de Paco que acaba de recibir as bendicións todas da Xunta: http://www.laopinioncoruna.es/.../m... A cuitelada final ao que quedaba dunha das zonas máis fermosas da Coruña. E dáme no nariz que disto todo o mundo vai falar bastante menos que da tablet ou do audi