Esquerda Unida anima aos estudantes a non matricularse en Relixión o vindeiro curso

Cualifica como “unha regresión” o feito de que a LOMCE incorpore a Relixión como materia avaliable na configuración da nota media do alumnado de bacharelato.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/06/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Esquerda Unida anima o alumnado galego a que non se matricule na materia de Relixión no vindeiro curso escolar, perante a inminente apertura do prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar 2017-18 nas etapas de Infantil e Primaria, e posteriormente da Educación Secundaria.

Clases de Relixión
Clases de Relixión | Fonte: lapizarradeyuri.blogspot.com

Para iso, esta formación iniciou unha campaña informativa na que pide que opten pola opción de: "Valores Sociais e Cívicos". Deste modo, Esquerda Unida reitera así a súa aposta “por unha educación de carácter científico e laico na que a educación relixiosa (pertencente ao ámbito privado de cada persoa) sexa excluída do ámbito escolar”.

A través dun comunicado, Esquerda Unida considera especialmente preocupante o feito de que a través do Decreto 86/2015, polo que se establece o currículo de ESO e Bacharelato en Galicia, a Xunta estableza a Relixión Católica como materia chave (xa que é a única das específicas con só unha hora lectiva). Así, o alumnado pode configurar unha selección de materias optativas ao seu gusto, cumprindo co requisito legal de seis horas lectivas semanais en primeiro de bacharelato e oito en segundo. “A Xunta forza aos nosos fillos e fillas para que escollan a materia de Relixión para acceder a determinadas opcións de bacharelato”, critica a formación.

Por todo isto, cualifica como “unha regresión”, o feito de que a LOMCE incorpore a Relixión como materia avaliable na configuración da nota media do alumnado de bacharelato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Eu mesmo

Que se matriculen en economía, así non teríamos que escoitar patéticas declaracións como as de Yolanda Díaz despois da quebra do Popular. En Izquierda Unida teñen especialistas na materia, Moral Santín e tutti cuanti, ver en http://www.elconfidencial.com/cultu...

3 agetas das targetas

E Kichi o alcaldiño rebelde de Cadiz, o das medallitas laicas a la virgen que opina de todo isto?

2 ejejeje

hombre, muero de ganas de saber que opina nostrus de esto, ya que tan en contra está de los ultracatólicos!

1 nostrus

Claro que estoy en contra de los ultracatolicos, pero no en contra de los creyentes que disfrutan su fe sin tratar de imponersela a nadie, aunque no la comparta con ellos porque yo soy agnóstico. A dia de hoy hay que reconocer que los ultracatólicos son menos numerosos y mas pacificos que los ultragallegos. El que quiera creer en Dios que crea, igual como el que quiera creer que Galicia es una nacion. Es mas fácil rebatir la existencia de la nacion gallega que la existencia de Dios.

1 Subidas de soldo

E despois Procesiones financia procesións e o barón de CCOO segue financiando. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 arreburriquito

Yo te soy más de las procesiones presididas por Severino Rodríguez alcalde que te fue de Monforte por el Benegá, aquel que le dedica avenidas al minitro Fraga Iribarne, o que te presumia en público que en su casa se hablaba castellano. Y que decirte del recordado Castrillo en Vigo, de la UPyGá, que las procesiones tenían parada en su protegida Cruz de los Caídos por la Patria. Hoy solo nos queda Lores, amigo de los militares y promotor de la Fiesta Nacional. Cuando están castrados les dejamos que jueguen a gobernar, pobriños, para que se entretengan y nos dejen hacer a los mayores lo que de verdad importa.