"Prácticas propias de eras non democráticas" da Policía contra os pro-okupas

A eurodeputada Senra (AGE Europa) denuncia que máis de 100 persoas foron denunciadas polos axentes e que se impediu á manifestación transitar pola zona vella.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2017 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega Lídia Senra (AGE Europa), acusa o Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e aos corpos da Policía Nacional, de "estar a levar a cabo nas últimas semanas" prácticas "propias de eras non democráticas" en relación ao conflito cos okupas en Santiago.

Lida Senra
Lida Senra

"As imaxes e os vídeos da represión policial que houbo nas mobilizacións contra o desaloxo do Centro Social Escarnio e Maldizer en Compostela lembran a cargas doutras épocas, como as que había no Día da Patria Galega para impedir que os manifestantes entrasen na zona vella de Compostela. Este tipo de ataques totalmente desproporcionados non se poden permitir", dixo Senra.

Con estas declaracións, Senra sumouse á campaña aberta en redes sociais baixo o hashtag #eutambémsomescárnioemaldizer e asegurou estar "seriamente preocupada pola vulneración e retroceso de dereitos e liberdades" por parte de "as forzas neoliberais, que están a aproveitar a ocasión para reprimir á sociedade activa e tentar criminalizar aos movementos".

Senra considerou que é "unha evidencia" que o CSO Escarnio levaba "anos organizando actividades de dinamización social e cultural sen ningún tipo de problema de convivencia" coa veciñanza nin para a cidade, se non "todo o contrario".

A eurodeputada criticou ademais o anuncio de que a Dirección Xeral da Policía, a través da Subdelegación do Goberno na Coruña, "tramitará ao redor de 400 propostas de sanción administrativa contra as 116 persoas que foron identificadas na mobilización do sábado pasado". "As consecuencias para o recorte de liberdades da aplicación da Lei Mordaza, que nunca debería ser aprobada, son nefastas e fronte a este rodete que aplica a dereita contra toda persoa que se mova un pouco, o único que nos queda é non calar", resumiu.

Fotomontaxe das lesións durante os incidentes da manifestación do día do desaloxo do CSO Escarnio e Maldizer, incluído nunha publicación dos okupas
Fotomontaxe das lesións durante os incidentes da manifestación do día do desaloxo do CSO Escarnio e Maldizer, incluído nunha publicación dos okupas

Policias subidos a furgonetas para disparar botes de fume e pelotas ao interior do Colexio Peleteiro, tras o intento de okupación
Policias subidos a furgonetas para disparar botes de fume e pelotas ao interior do Colexio Peleteiro, tras o intento de okupación | Fonte: Galiza Contrainfo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Antinostrus

Eu, que xa vou vello, poido afirmar o seguinte- en base ao observado ao longo de lustros e independentemente do partido gobernante -: manifestación sen presenza policial: calma e tranquilidade. manifestación con presenza policial: grandes posibilidades de "disturbios" e Alteración da "Orde"....en parte tén Lóxica: de que vivirian os mercenariofostiadores a soldo do estado saído dos nosos impostos se non houber "Disturbios"??.....da vida contemplativa????....ao igual que tén acontecido nos lumes forestais ou noutros eidos, os mesmos usufructuadores do recurso provocan á súa necesidade fronte á sociedade.......que llo pergunten, se non, ao cipaiomoneuronalmercenarioadispordomellorpostor do Nostrus e Cia............

1 podreiros= lei mordaza

SABEN O DOS FAMILIARESDE PODREIROS, parece que son una mestura de fascistas de xuices de comandantes do exercito e tamen delincuencia policial, Hoy nos ocupa uno de esos personajes, Antonio Gómez-Reino Varela, “TONE”, procedente de una familia de rancio abolengo, con un abuelo procurador y comandante, tío abuelo fiscal y notario, y otro tío abuelo Presidente de la Audiencia Provincial de Burgos en el 68, para empezar casi nada. Pero no son estos antepasados lo másdestacado de la historia de TONE y su familia, son otros parientes, los contemporáneos los que andan ocultos entre las sombras de la política, a la caída de esos favores dinerarios que los políticos siempre hacen a cambio de la necesaria colaboración para auto enriquecerse a cuenta del ciudadano.