O Día das Letras Galegas de 2018 será para a estremeña María Victoria Moreno

A escritora éunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo. Na mesma sesión nomeouse académica de honra a Marina Mayoral.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/06/2017 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado esta mañá na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova. 

María Vitoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018
María Vitoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018

Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.

Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso “Poetas alófonos en lingua galega”. Dúas décadas atrás, a autora publicara Mar adiante (Edicións do Castro, 1973), o seu primeiro libro en galego (ilustrado por ela mesma), un ano despois de gañar con Crarisa e o luceiro o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís do Facho. Con esta primeira novela, a profesora de orixe estremeña convertíase nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo, ao que dedicaría tamén boa parte da súa produción literaria posterior con notable recoñecemento tanto da crítica como do público.

Outro título destacado na súa traxectoria, Anagnórise (Galaxia, 1989), é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil na nosa lingua: a novela foi incluída na listaxe de honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) en 1990 e chegaron a se editar en poucos anos vinte edicións. Pero o seu libro preferido era Leonardo e os fontaneiros (Galaxia, 1986), co que gañou o terceiro premio O Barco de Vapor de 1985. Con Gedellas de seda e liño (1999), outra das historias nas que demostra a súa capacidade de chegar ao público adolescente, entrou na prestixiosa listaxe internacional de White Ravens 2002. Un par de anos despois sairía do prelo Diario da luz e a sombra (Xerais, 2004), onde reflectiu a experiencia da enfermidade que acabou pouco despois coa súa vida, o 21 de novembro de 2005.

María Victoria Moreno soubo tamén transmitir a paixón pola lingua e a literatura como profesora, tanto nas clases de lingua galega semiclandestinas que impartía gratuitamente nos anos 70 en Pontevedra (Asociación de Amigos da Cultura, 1971-1974), Vilagarcía de Arousa (1973-1975) ou Ourense (Ateneo, 1974-1975) como nas oficiais de Lingua e literatura españolas que deu durante décadas no ensino secundario. Polas primeiras, en concreto as impartidas no Ateneo de Ourense, a Policía de Pontevedra chegou a retirarlle o pasaporte a comezos de 1975 por entender que esta institución estaba gobernada por dirixentes subversivos.

María Victoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras de 2018
María Victoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras de 2018

Referente de moitos estudantes

No instituto de Lugo orientou as inquedanzas lingüísticas e literarias dun dos seus alumnos, Xesús Rábade Paredes, promovendo a edición do seu primeiro libro de poemas, que lle prologou. Tras un par de anos nesta cidade e mais un tempo en Vilalonga (Sanxenxo), volveu a Pontevedra, onde seguiu engaiolando a xeracións de rapaces e rapazas, primeiro no instituto Valle-Inclán e despois no Torrente Ballester, ao que lle legou a súa biblioteca persoal.

No eido educativo asinou, ademais, libros de texto que aínda hoxe se consultan: foi coautora de Literatura [galega]. Século XX, para COU (Galaxia, 1985), e de Literarura [galega], para 3º de BUP (Galaxia, 1987). As linguas de España e Verso e prosa (Xunta de Galicia, 1991) son outros exemplos do seu traballo rigoroso no eido da didáctica. E tamén cómpre lembrar que foi mestra de mestres en cursos como os que impartiu sobre literatura galega para docentes a comezos dos 80.

A tradución é outro terreo no que María Victoria Moreno realizou achegas destacadas. Verteu obras desde o catalán, idioma co que dialogaba como filóloga e poeta, e realizou as traducións aos castelán da antoloxía bilingüe Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973), escolma que preparou e prologou ela mesa con poemas de Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Fiz Vergara Vilariño ou Xesús Rábade. Cómpre tamén lembrar outras facetas da autora, como a de libreira en Pontevedra, onde abriu xunto a outros intelectuais, en 1968, a libraría Xuntanza, unha trincheira máis para promover a literatura e espallar os libros. No eido editorial, foi ademais codirectora da colección infantil de Galaxia, Árbore, desde o seu inicio.

Marina Mayoral, académica de honra

Alén da elección da figura literaria que protagonizará o Día das Letras Galegas de 2018, na sesión plenaria da RAG de hoxe nomeouse académica de honra a Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942). Catedrática xubilada da Universidade Complutense de Madrid, novelista e columnista premiada, é autora dun caudaloso labor rosaliano co que levou o nome da escritora fundacional das letras galegas a tribunas académicas de todo o mundo. A súa primeira grande achega é a súa tese de doutoramento, La poesía de Rosalía de Castro (Madrid, Gredos, 1974), prologada polo profesor Rafael Lapesa, á que seguiron outros estudos e edicións de diferentes títulos da escritora. O universo literario de Emilia Pardo Bazán débelle tamén edicións e investigacións que a converten nunha das grandes autoridades na autora coruñesa.

Sete novos académicos e académicas correspondentes

Na sesión plenaria deste sábado cubríronse ademais sete vacantes de correspondentes. Serán ocupadas por Takekazu Asaka (Toquio, 1952), profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Tsudajuku, autor da primeira gramática galega para xaponeses e tradutor ao xaponés de Rosalía e outros autores das nosas letras; Marcos Bagno (Cataguases – Brasil, 1961), profesor da Universidade de Sao Paulo, recoñecido lingüista e defensor dunha nova visión do portugués, en que subliña a súa orixe galega; Olga Castro (Lugo, 1980), profesora de estudos de tradución da Universidade de Aston (Birmingham) e especialista na interacción entre xénero, linguaxe e tradución; Helena González Fernández (Comesaña – Vigo, 1967), profesora titular de lingua galega e investigadora do Centre Dona i Literatura da Universidade de Barcelona; Kirsty Hooper, profesora de Estudos Hispánicos da Universidade de Warwick (Coventry, Reino Unido), coordinadora do Hispanic Liverpool Project e tradutora de Cousas de Castelao; a escritora Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940), unha das autoras pioneiras da literatura galega para infancia e tamén unha das primeiras profesoras de Lingua e Literatura Galega no ensino secundario; e Helena Zernova (San Petersburgo, 1973), directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo e tradutora ao ruso das obras máis senlleiras da nosa literatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 Eu mesmo

Galaxia ten que diminuir stocks do libro da señora descoñecida. Éis o motivo do nomeamento para o 2018.

2 Día das letras

Este ano os da RAG tivérono fácil para vetar, máis unha vez, a candidatura de Carballo Calero (aínda sendo, con moito, o candidato con máis méritos para ser homenaxeado), pois non tiveron máis que "subirse ao carro" dos que pedían que se lle adicase á unha muller. En canto a darlle un maior protagonismo ás mulleres nesta celebración, estou dacordo, máis tamén cómpre ser realistas: até os anos 60 a muller estivo practicamente ausente na literatura galega, coas excepcións de Rosalía de Castro e Francisca Herrera Garrido. Xa que logo, as escritoras merecentes de ser seleccionadas están aínda vivas ou faleceron moi recentemente (o requisito é ter falecido cando menos dez anos), polo que non hai moitas opcións, salvo Xela Arias e algunha máis.

1 xDbm

Carballo Calero non é nada, o unico que fixo foi seguir as ideas do portugués Rodrigues Lapa, ademáis dunha gramatica que fixo antes de volverse lusista, hoxe convenientemente esquecida.

1 PÁRTOME

Será que a esta muller non a conoce nin o can e os upegallos non teñen aínda preparado o argumentario, porque estráname un juevo que aínda non saíra un a laiarse, pobriños, porque, tatachán.... Este ano tampouco tocou adicalo a Carballo Calero LooooooL

1 partete... partete...

XACOME, home van desinsectar hoxe non concello de coruña que e sábado, e para matar as cascudas o mellor e que saias xa do despacho do alcalducho e deixes de decir tantas tonterías miserables... que hoxe non vas gañar o día de "liberado" nin "vas cobrar horas extras pola causa de podreiros expaña" GALIZA CEIBE SIN EXPAÑA SIN PP-ODREIROS...

2 PÁRTOME

Ti non te enteras de nada, neno, pero grazas pola info. Así que se chama Xácome o fulanito que fai comentarios por aquí e na Voz defendendo á Marea como se lle fose a vida nela, con ese tono de adolescente pedantón, afectado, como se lle gustara escoitarse, que non hai quen lle acabe de ler un comentario porque, mimá, que rollo ten o paisano, todo cheo de razón, lo sabe todo, todo y todo. Agora sal conque son vil-lingüe, que tampouco acertas. Tan so que os upegallos sodes uns ridículos coa teima que tendes co Carballo Calero, e claro, pártome, meu.

3 urco

Por curiosidade, por que relacionas a UPG co reintegracionismo? Desde o ultimo retoque, utilizam na sua web a normativa RAG tal qual. Por outra banda, que hai de raro que a RAG adique um ano a Carvalho Calero? Seria, alem dum acto de justiça, um inteligente passo pra optimizar esforços.

4 PÁRTOME

Porque é evidente e ridículo. Todos os anos o mesmo conto empezando pola García Negro, as publicacións da U, e continuando polos rapaces de Mejuto que trolean por aquí. Eu non relacionei ao Carballo co reintegracionismo. Tan so que parto o peito co rollo laiante de todos os anos porque non lle adican o Día das letras ao ferrolán. Para min que Paco Rodríguez, que é moi ferrolito, foi quen iniciou este esperpento laiante, e os demáis van a sus órdenes.

5 urco

Creo inevitavel relacionar a Carvalho co reintegracionismo. Eh precisamente essa a causa que a RAG nom lhe tenha adicado nengum Dia das Letras, numha estrategia que porfia em divisons. Nom creo que tenham muito peso na sua reivindicaçom localismos ferrolans ou apoios que puider ter da U .

6 Fada-lobo

Pero déixao, ho. Non ves que seguramente andará ocupado a ver se os seus votantes non len entrevistas ben interesantes: http://www.lavozdegalicia.es/notici... O declaracións coma estas: http://www.sermosgaliza.gal/articul... Por certo, parabéns á concelleira polas súas valentes declaracións. A coherencia e a valentía son atributos que ultimamente non se ven moito na esquerda galega.

7 Fada-lobo

Por certo, parabéns á RAG pola súa elección. Mª Victoria fixo algo ben difícil: crear lectores en galego coa súa literatura infantil e xuvenil e amar a nosa, que acabou sendo súa, lingua tamén. Isto último sobre todo debe de ser difícil de entender para algúns galegos que presumen do seu descoñecemento e desprezo do galego cunha lingua cuxas estruturas morfosintácticas e acento ben indican que os foron a nacer nesta terra nosa. Parabéns de novo... E a ver se hai sorte e o ano que vén pode ser Carvalho Calero... Malia que penso que vai ser ben difícil... Mágoa, é unha estupenda ventá á lusofonía péselle a quen lle pese e utilíceo quen o utilice para tapar as declaracións tan interesantes do meu comentario anterior.

8 Fada-lobo

Esquecía algo: sigue a te partir... Imaxino que de risa... Alguén tan hilustrado coma ti (que descoñece que hai reintegracionistas en máis dunha forza ou aparenta descoñecelo para tirar partido e buscar polémicas barateiras) saberá que na nosa cultura popular as risas de hoxe preludian as lágrimas de mañá... Rosalía escribiu algún que outro poema sobre isto... Ciao caro "Pártome".