Conde avanza unha segunda convocatoria do programa 'Principia', que permitirá crear 100 empregos cualificados

Incluirá a titulados de FP, melloraranse os salarios e simplificaranse os trámites administrativos

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017 | Actualizada ás 18:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, confirmou este luns unha segunda convocatoria do programa 'Principia', que será publicada no DOG esta semana, que contará cun investimento dun millón de euros e creará 100 empregos cualificados.

Conde en Aimen
Conde en Aimen | Fonte: Europa Press

Así o avanzou o conselleiro durante unha visita ao centro tecnolóxico Aimen, no Porriño, para coñecer os avances do catro unidades mixtas nas que participa. Segundo apuntou Conde, "o modelo está a funcionar" e hai que manter a aposta polos centros tecnolóxicos, o talento e a incorporación da xente nova.

Nesa liña, sinalou que haberá unha segunda convocatoria do programa 'Principia', unha iniciativa orientada á contratación de investigadores novos por parte de empresas e organismos, co fin de impulsar a súa innovación e competitividade.

Nesta convocatoria, as principais novidades serán a inclusión de titulados de FP, mellores condicións salariais, e unha maior simplificación administrativa. Os interesados contarán cun prazo dun mes para presentar as súas solicitudes e aspírase a alcanzar os 100 empregos, nos que se primará a contratación indefinida e as ofertas de formación por parte das empresas.

UNIDADES MIXTAS

O conselleiro anunciou esta iniciativa durante unha visita ao centro tecnolóxico Aimen, que promove catro unidades mixtas coas empresas Copo, GKN Driveline e Wärtsila Ibérica, dos sectores de automoción e naval, e que mobilizan case 14 millóns de euros (cun apoio da Xunta de 4,1 millóns).

Conde destacou que o traballo que se desenvolve en Aimen encaixa co modelo de colaboración entre centros de coñecementos e empresas que promove a Xunta. A ese respecto, lembrou que "Galicia se ten que diferenciar pola innovación e a simbiose de industria e centros de coñecemento".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta