Os mozos na política

Existe o falso mito de que os máis novos non temos nin interese nin voz na política, pero, qué sería da política sen os mozos. Sen esas persoas que aportan aire fresco, innovación, inconformismo, rebeldía... e, ante todo, ganas de cambiar o mundo.

Por Javier Dorado | Vigo | 06/07/2010

Comparte esta noticia

Din os rumorosos que aos máis mozos non lles interesa máis que a súa propia realidade, que só cren naquelo que lles rodea e que está ligado ao ocio… pero eu síntome privilexiado por ter comprobado que non é así, por ver cos meus propios ollos que hai moitos mozos e mozas que cren na política e participan de xeito activo nela, que dedican parte do seu tempo a traballar polo partido no que cren e que o fan sen esperar nada a cambio, sinxelamente por defender os seus ideais.

Un gran exemplo atopámolo nas Novas Xeracións do Partido Popular, as cales coñezo ben de cerca. Dende a organización da que formo parte loitamos cada día por defender os nosos valores, e facémolo partindo dunha realidade indiscutible: a búsqueda da unidade dentro da nosa pluralidade. Porque Novas Xeracións é o reflexo da realidade galega. O noso proxecto representa por igual ós mozos da Fonsagrada e de Nigrán, ós de Verín e ós de Fisterra… ós de todos e cada un dos recunchos de Galicia. Ninguén queda fóra do noso proxecto político, e os nosos brazos sempre estarán abertos para quen queira formar parte da nosa gran familia política: as Novas Xeracións.

En tempos de crise como os que vivimos, a xuventude ten que estar máis activa que nunca. É o momento de que os mozos galegos digamos ben alto o que pensamos, de que expresemos as nosas ideas a sabendas de que son tan valiosas coma as dos nosos maiores, e de que loitemos na defensa activa dos nosos principios. Porque temos que ser conscientes de que estamos un paso por diante, de que temos nas nosas mans o poder de cambiar o mundo, de que xuntos podemos lograr o que nos propoñamos, E a aqueles que intenten convencerme de que non existe outra realidade máis que esta, na que estamos condenados ao paro e a imposibilidade de ter a nosa propia vivenda, invítolles a achegarse a Novas Xeracións e a contribuír connosco a facer de Galicia unha terra de oportunidades, na que todos temos moito que dicir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Javier Dorado Javier Dorado (Vigo, 1988) es presidente provincial de Novas Xeracións de Pontevedra y miembro del Gabinete del conselleiro de Economía e Industria de la Xunta de Galicia. Participa activamente en la organización juvenil del Partido Popular desde los 14 años, siendo el secretario de Enseñanzas Medias en la ciudad de Vigo. Más tarde, en el año 2004, fue nombrado vicepresidente de NNGG en la ciudad olívica, cargo que desempeñó hasta su nombramiento como secretario general regional en diciembre del 2006. Desde noviembre del 2007 ejerce su actual responsabilidad. Miembro activo en el movimiento asociativo estudiantil, presidió la Unión de Estudiantes de Galicia (UNEGA), federación de estudiantes de Enseñanzas Medias. Edita el blog El Dorado desde septiembre del año 2005, siendo de los miembros vanguardistas de la blogosfera de Periodista Digital.