Piden o cese dun cargo de Protección Civil e do PP por venderlle material á propia administración

A exclusiva de Galicia Confidencial sobre o caso do responsable de emerxencias e cargo do PP na Estrada que se beneficia de adxudicacións precisamente no sector de emerxencias está a provocar unha treboada política. Tanto PSOE como En Marea e Móvete (un partido local) cargaron contra estas adxudicacións e nalgúns casos pediron a cabeza de Carlos Faílde. O traballador público e empresario, pola súa banda, sen negar os feitos, insiste en que non hai irregularidades. O alcalde di que non pode cesalo porque o posto, sorprendentemente, non existe.

Por Manuel Vilas | A Estrada | 28/06/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A nivel autonómico, o líder de En Marea escribiu que  “se es amigo do Vicepresidente, o teu negocio irá sobre Rueda(s). O PP é igual (de corrupto) en todas partes”. Luís Villares referíase así á suposta amizade entre o administrador de Ricarsat e o vicepresidente da Xunta.

Á esquerda, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia
Á esquerda, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia

O PSdeG pide o cese e unha investigación

No ámbito municipal dende o PSdeG reclaman “o inmediato cese nas súas funcións do traballador municipal, así como a apertura dun expediente disciplinario”. O Grupo Municipal Socialista lembra que “a lei de incompatibilidades dos traballadores do sector público impide que realicen actividades privadas en empresas do mesmo sector no que están destinados”. 

É un feito irrefutable que Faílde ten actividade privada no sector para o que traballa na pública, pois tanto a web como o Facebook de Ricarsat -empresa que administra- están repletos de entregas de material para diversos servizos de emerxencias da Xunta e concellos. Véndenlle tamén ao seu empregador directo, o Concello da Estrada?  Esta é unha das cuestións que debería aclarar comisión de investigación municipal, segundo demanda o PSOE. 

Móvete reclama explicacións

Pola súa banda, o Movemento veciñal Estradense- Móvete solicita a comparecencia do alcalde, do Partido Popular, para pedirlle explicacións. “Que terá que decir o alcalde sobre que o coordinador dos servizos de emerxencias da Estrada e membro do comité local do PP se beneficie de adxudicacións da Xunta?”, pregúntase a marea local.

Móvete quere saber se o Concello lle adxudicou a Ricarsat e a Emersafe, empresa administrada pola esposa de Faílde e na que o traballador/empresario figura como apoderado. Esta outra compañía tamén lle facturou recentemente á Vicepresidencia. 

A marea tamén interpela ao PP da Estrada, cuestionando se Faílde debe seguir sendo membro da súa dirección local.

Faílde non ve incompatibilidades, que si figuran na Lei

GC publicou o luns a versión dos feitos de Faílde e de Alfonso Rueda. O empresario dá máis explicacións hoxe en Faro. 

O responsable de Protección Civil non ve nada malo en venderlle material ás emerxencias da Xunta porque “yo no soy funcionario de la Xunta, por lo tanto, no tengo relación con ella. Desde mi punto de vista no hay incompatibilidad". 

Con todo, cómpre lembrar que a Lei 53/1984 de Incompatibilidades aplícase tamén “ao persoal ao servizo de corporacións locais e organismos dependentes” (artigo 2). No seu artigo 11 a norma estavle que  “non poderá exercer, por si ou mediante substitución, actividades privadas, incluídas as de carácter profesional, sexan por conta propia ou baixo a dependencia ou ao servizo de Entidades ou particulares que se relacionen directamente coas que desenvolva o Departamento, Organismo ou Entidade onde estivese destinado”.

Traballo altruísta, pero cobra "en torno a 1.000 euros"

En declaracións a La Voz, o alcalde José López (PP) negouse a cesar a Faílde como responsable das emerxencias alegando, curiosamente, que as responsabilidades que exerce non existen oficialmente. “«Non é un cargo político, e non podo cesalo porque non hai nada: non existe ese posto na RPT, non existe un coordinador de Emerxencias. Eu pedinlle que coordinase o grupo, que fixera os cuadrantes», argumenta.

Tanto Faílde como o edil aseguraron que fai a súa labor en Protección Civil de xeito altruísta, aínda que na Voz logo o alcalde admite que cobra “en torno a 1.000 euros”. Polo contrario, fontes locais aseguraron a GC que canda un soldo como peón de emerxencias o empresario/traballador cobra un plus semestral por coordinar a Protección Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 pp partido PUTREFACTO

señores os voluntarios non poden cobrar mil euros ... e enton esta o non esta traballando E TODO UNHA ESTAFA A SEGURIDADE SOCIAL SEICA OU POLO MENOS O PARECE BASTANTE.... ONDE ESTA A SEGURIDADE SOCIAL MIREN SI SE ESTA A PRODUCIR UN FRAUDE DE LEI... por iso agora non pode haber voluntarios no sapraga pois estarían facendo un traballo sin que o concello pagase a seguridade social... POR FAVOR MIREN O SUCESO .... MIREN SI E UN PREUNTO OU NON PRESUNTO...

2 fiscales que estades facendo

FISCALIA!!!!!! pero que pasa cos xuices galegos... que deixan pasar elefantes por diante da porta, wueno vou cagar e limpar o cu coas paxinas da constitución ... e o mellor papel para limpar teñen bastante resistencia a todo... e son moi flexibles... investigen o "santo" pepeiro recibe cartos por todos lados non deixen que remate sendo outro barcenas...

1 De Lalín

Que falen co Cuiña ou Baltar

1 Galego ante todo

O de Cuiña demostrouse que vendeu a custo é que foi unha estratexia para dende Madrid para desvancalo a candidatura a Xunta de Galicia a favor do candidato españolista Feijóo. Non comparto a política de Cuiña pero esta claro que defendería os intereses de Galicia por riba de todo é iso non o pode decir Feijóo e moitos outros que se din nacionalistas.

2 De Lalín

Non compartes a política de Cuiña, a-ha, a-ha, a-ha. Ponche a traballar que dixeches que non ías cobrar soldo por ser alcalde e cústasnos 50.000 máis gastos. Os intereses de vós, os Cuiña, e da avoa contable son o seu peto e nada máis. Galicia para vós é unha vaca á que ordeñar

3 Galego ante todo

O teu odio non che permite leer nin a noticia nin o comentario porque o que dis non ten sentido.

4 Anti galegos de pacotilla

Odio non, memoría histórica. O de meterse en política para beneficiar as empresas familiares é algo moi galego