Galicia perde poboación, España gaña

O país perdeu 9.495 residentes en 2016. É o sexto ano consecutivo de descenso, tempo no que Galicia viu a súa poboación reducida en 62.808 habitantes, dato que contrasta co aumento total en España de 88.867 persoas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/06/2017 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A poboación en Galicia a data do 1 de xaneiro de 2017 situouse en 2.710.607 habitantes, despois de perder 9.495 residentes ao longo de 2016, o que supón un descenso do 0,35%, segundo as cifras de poboación que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE). Este é o sexto ano consecutivo de descenso de poboación —en 2010 houbo repunte—, aínda que esta baixada de 9.495 é menos acusada que os máis de 14.000 residentes que se perderon en 2015. Nestes seis anos Galicia quedouse sen 62.808 habitantes.

Rúa do Comercio en Noia
Rúa do Comercio en Noia | Fonte: Luis Miguel Bugallo Sánchez

O descenso de poboación ao longo de 2016 en Galicia contrasta co aumento producido de media en España de 88.867 persoas (+0,19%). O número de habitantes decreceu durante 2016 en Castela e León, Galicia, Castela-A Mancha, Estremadura, Principado de Asturias, Aragón, Cantabria e A Rioxa. E aumentou no resto de comunidades autónomas.

POR PROVINCIAS

Todas as provincias galegas perden habitantes en 2016. A maior diminución produciuse en Ourense, tanto en cantidade como porcentualmente, cun retroceso de 3.015 habitantes (-0,96%) ata 311.648.

En Lugo a perda foi de 2.562 persoas ata 333.574 (-0,76%). O descenso na Coruña foi de 2.326 persoas (-0,2%) ata 1.121.788. E en Pontevedra baixa en 1.593 persoas (-0,17%) a 943.596.

Así, en Galicia hai 1.400.923 mulleres e 1.309.684 homes. Do total, 665.831 teñen 65 ou máis anos (son o 24,6%), e entre eles hai 41.792 persoas de 90 ou máis anos.

MIGRACIÓNS

Pola súa banda, o saldo vexetativo en Galicia foi negativo en 2016, con 12.683 defuncións máis que nacementos. Con todo, rexistra un saldo migratorio positivo co estranxeiro en 4.772 persoas, o que supón un crecemento exponencial en comparación coas 41 que arroxaba este capítulo en 2015. Isto supón que 13.159 persoas procedentes do estranxeiro estableceron a súa residencia en Galicia en 2016, fronte ás 8.386 que emigraron a outros países.

En contraposición, o saldo de migracións entre Galicia e outras comunidades do Estado é negativo, cunha perda de 1.585 persoas en 2016. Isto tradúcese en que de Galicia marcharon a outros puntos de España 14.035 persoas, mentres que doutras autonomía chegaron a terras galegas 12.451 residentes.

O fluxo interautonómico de Galicia é negativo por cuarto ano consecutivo —desde 2013—, aínda que a perda en 2016 de 1.585 persoas é menor que a de 1.892 que se rexistrou en 2015.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Berros galegos

Gracias a las políticas progresistas del PP - y su caciquismo - apoyadas por toda la izquierda tenemos estos resultados. Recordemos también que para la izquierda tener hijos es cosa de fachas y conejas.

2 Efixio

Non son só estatísticas. O vives moi de perto. Penso que é unha sociedade deprimente. E tamén que aboca á depresión. A ninguén lhe gosta viver nun sitio no que cada ano hai menos habitantes. E o pior de todo. E que os que estiveron fora bastantes anos chegan ao país anovados e moito máis cosmpolitas. Os que nos quedamos aquí seguimos a ser uns provincianos atrasados e anacrónicos, votemos a quen votemos. É unha difícil situación. E non sei si xa será tarde. Pode ser que sí. Como dicían SINIESTRO TOTAL, Galicia é un gran caralho de sal. Un vive aquí e faise un ser deprimente. Que fas na meirande parte do territorio onde son todos povos pequenos e cidades pequenas e aldeas e onde a xente e mediocre ata límites insospeitados. É moi difícl aturar ao país a ás suas xentes.

1 anonimo

Esa tendencia vai seguir, debido ao tremendo envellecemento de Galicia, e a que Galicia atrae moi poucos inmigrantes. E ten moi mala solución a curto prazo. Envellecemento + tasa natalidade moi baixa + emigración xente con estudos + ausencia de fluxos de inmigrante = baixada drástica de poboación. Ningún partido ten solución para eso. Nen os mesiánicos que babean diante de Stalin, e os campos de concentración, e pensan que os de corea do norte viven moito mellor que a maioría dos galegos, nen moito menos os do goberno.