Por E.P. | LUGO | 30/06/2017 | Actualizada ás 10:53
A festa do Arde Lucus, que suma 16 edicións, arrinca este venres, 30 de xuño, con máis de 300 actividades e a participación de 44 asociacións --18 de Lugo-- vinculadas ao pasado romano da cidade.
A alcaldesa, Lara Méndez, convidou a que se participe desta festa de recreación da historia de Lugo. "Toda aquela persoa que se queira trasladar dous mil anos na historia só ten que vir a Lugo. É a invitación que facemos a todos s galegos, españois e mesmo estranxeiros que virán moitos a visitarnos", animou.
Como novidade do programa, este edición incorpa distintas atraccións ecolóxicas infantís realizadas en madeira. Instalaranse na Praza Horta do Seminario a partir do venres dende as 16:00 horas. Un barco romano, cadeiras voadoras con pedais, unha noria e un carrusel de madeira estarán a disposición dos rapaces.
Están previstas unhas 300 actividades organizadas entre o Concello e as asociacións de recreación histórica, dirixidas a todos os públicos, das que 40 son novidosas con respecto a outras edicións.
Entre elas destacan unha andaina polo adarve da Muralla este venres a partir das 22:00 horas, ou o torneo de Harpastum, un deporte entre o fútbol e o rugby, tamén o venres ás 23:00 horas, na explanada do Pavillón Municipal; que se suman a actividades de gran éxito destes festexos, como o Circo Romano, representacións teatrais e música polas rúas ou o desfile das tropas romanas e tribus castrexas, no que nesta edición participan 44 asociacións, tanto de Lugo, como do resto de Galicia, España e outros países europeos.
En todo caso, a rexedora descartou facer previsións de afluencia "a priori". "Cuantos máis veñan, mellor. É unha festa que se celebra na rúa e dependemos moito da climatoloxía", aclarou a edila.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.