Empresa do xefe de emerxencias e cargo do PP vende material de emerxencias ao concello no que traballa

Emersafe, na que Carlos Faílde é apoderado e a súa muller administradora, tamén factura por reparar camións de incendios e vehículos da Xunta, cando non consta que teña ningún taller nin se dedica a iso. No pleno o alcalde da Estrada (PP) denuncia unha cacería política pero abre a porta a un expediente.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 07/07/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Concello da Estrada organizou onte un pleno para tratar a situación de Carlos Faílde. Como desvelou GC, este cargo do PP local e coordinador de Protección Civil factúralle regularmente a varias administracións, incluído o Concello para o que traballa, a través das empresas nas que é directivo, Emersafe e Ricarsat.

O alcalde da Estrada dixo na Voz que o cargo de coordinador de Protecioń civil non existía, este é o decreto no que el mesmo nomea ao seu compañeiro de partido coordinador de Protección Civil
O alcalde da Estrada dixo na Voz que o cargo de coordinador de Protecioń civil non existía, este é o decreto no que el mesmo nomea ao seu compañeiro de partido coordinador de Protección Civil

O edil José López tratou de convencer á oposición de que non hai nada irregular nisto.  Tras dúas horas de debate; PSOE, BNG e Móvete seguen pedindo unha comisión de investigación e o cese de Faílde no cargo.

López sacouse da manga a última hora unha petición do traballador público solicitando compatibilidade, datada en 2013. Daquela Faílde era só responsable de tendas de Electrónica Ricardo, segundo o seu Linkedin

Agora é administrador único e propietario doutra empresa, Ricarsat, e apoderado dunha terceira, Emersafe, coas que factura ao Concello, Vicepresidencia da Xunta, Axencia Galega de Emerxencias, etc.. O edil entende que o silencio administrativo - o Concello non respondeu en 2013-, ampara a Faílde; malia que por norma xeral o feito que unha Administración non conteste a unha petición implica que non se concedeu o solicitado.

Ademais, en Emersafe Carlos Faíde é apoderado e a súa muller administradora única, segundo o Rexistro Mercantil. Emersafe ten o domicilio social nun ático, no que segundo dúas fontes locais diferentes, tivo o matrimonio un dos seus domicilios. No mesmo portal está a sede do PP local, con carteis de Rajoy nas ventás, segundo veciños da vila.

Á dereita, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia
Á dereita, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia

Segundo o resume contable facilitado polos funcionarios do Concello á oposición, ao que tivo acceso GC, Emersafe facturou ao municipio no que traballa Faílde só un mes despois da creación a empresa. A empresa creouse en novembro, comezou a facturar ao concello en decembro. Foron máis de 5.900 euros por, entre outras cousas, material de rescate en montaña. É dicir, material de emerxencias. 

En 2015, Emersafe facturoulle ao Concello 2.800 euros por, entre outros motivos, a reparación dun vehículo de emerxencias, un camión de incendios. 

Non consta que Emersafe sexa titular de ningún taller. Ricarsat si ten un taller, nun polígono en Santiago. A actividade de Emersafe, segundo o Rexistro Mercantil, son os aparatos eléctricos e de telecomunicacións, nada relacionado co material de emerxencias ou a reparación de vehículos.

En definitiva, Emersafe factúralle regularmente material de emerxencias ao Concello; unha área, emerxencias, na que o coordinador municipal é, precisamente, o apoderado de Emersafe e marido da administradora única. 

Segundo a oposición, é o propio Faílde quen, como coordinador de Protección Civil, firma a conformidade do material que lle entrega os provedores.

Por outra banda, cando GC desvelou as contratas das empresas de Faílde coa Xunta, a oposición publicou as facturas que tiña co seu  Concello e pediu o seu cese. O alcalde respondeu alegando que non o podía cesalo, pois o cargo non existía formalmente. 

«Non é un cargo político, e non podo cesalo porque non hai nada: non existe ese posto na RPT, non existe un coordinador de Emerxencias. Eu pedinlle que coordinase o grupo, que fixera os cuadrantes», dixera en declaracións a La Voz.

Sen embargo, Pérez presentou onte, tamén a última hora , un documento que contradí a súa propia versión inicial. Neste decreto o alcalde nomeaba formalmente a Faílde coordinador de emerxencias. É dicir, o alcalde mentiu, o coordinador de Emerxencias si existe, porque el mesmo o nomeu por decreto.

O edil asinou o decreto o 13 de xuño de 2011, só dous días despois de chegar ao cargo. É dicir, nomeou ao seu compañeiro na directiva local do Partido Popular coordinador do Servizo Municipal de Protección Civil antes incluso de designar os concelleiros do seu goberno. 

Tal e como asinou ese decreto para nomealo, López podería asinar outro para cesalo, como lle pide a oposición. Non o fará, polo de agora, argumentando que todo é unha cacería política e un xuízo sumarísimo por ser Faílde do PP. Certo é que o empresario/traballador público xoga un papel moi importante nos conservadores, por exemplo fixo de chofer do alcalde na súa xira polos colexios electorais nos últimos comicios. 

López abriu a porta, iso si, a incoar un expediente informativo ao traballador público no caso de que as explicacións de onte non lle parezan dabondo á oposición. Dixo que convocaría outra comisión informativa para analizar o caso. 

Por outra banda, o CSIF sacou un comunicado defendendo a posición do alcalde e de Faílde. Responde así este sindicato a Comisións Obreiras e UGT. Estas dúas centrais denunciaron que Faílde non pisa a base de Protección Civil, malia ser o seu coordinador.

Dende 2010, Emersafe e Ricarsat facturáronlle ao Concello da Estrada máis de 157.000 euros, con este desglose:

RICARSAT

2010     24.924,67 €

2011     44.752,88 €

2012     31.422,10 €

2013     41.038,93 €

2014       5.332,11 €

2015

2016

2017

   147.470,69 €

 

EMERSAFE

2013       6.621,97 €

2015       2.881,96 €

       9.503,93 €

 

Portal do enderezo de Emersafe na Estrada inscrito no Rexistro Mercantil. Neste mesmo enderezo, segundo fontes locais, estivo un dos domicilios do matrimonio. No mesmo portal está a sede do PP da Estrada
Portal do enderezo de Emersafe na Estrada inscrito no Rexistro Mercantil. Neste mesmo enderezo, segundo fontes locais, estivo un dos domicilios do matrimonio. No mesmo portal está a sede do PP da Estrada | Fonte: google street view
Relación de facturas de Emersafe ao Concello da Estrada en 2015, incluído reparación de camión de bombeiros, tal e como foron entregadas á oposición.
Relación de facturas de Emersafe ao Concello da Estrada en 2015, incluído reparación de camión de bombeiros, tal e como foron entregadas á oposición.
Relación de facturas de Emersafe ao Concello da Estrada en 2013, incluído material de rescates, tal e como foron entregadas á oposición.
Relación de facturas de Emersafe ao Concello da Estrada en 2013, incluído material de rescates, tal e como foron entregadas á oposición.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Un medio serio

Esto si que é un medio de comunicación serio, plural e democrático, que non duda en borrar os comentarios que descubren as orixes desta montaxe política (graciñas fulanita por filtrarme estes papeis). Novamente patético. Que os han pillao, que os pillao, que os han pillaaaaao con el carrito del helaaaaao

4 forza

Esto cheira a fuego amigo

1 guaperas

Fogo amigo de Ferrol. Lo pillas???

3 Do Deza

O de sempre. A Estrada queda preto de Lalín, onde lle poderían contar moito de como montar unha película para explicar que todo isto non é máis que unha montaxe política dentro do PP para acabar co sector galeguista do partido.

2 Estardense de toda a vida

Na Estrada xa sabemos que é unha cacería, quen son os cazadores e porqué saen de caza agora. Que teñan coidado non se lles dispare a escopeta nun pé.

1 infórmenos

a ver a ver, conte máis. Como é eso?

1 Ags Gomes