Un cómic tenta impulsar o Camiño Portugués

O Eixo Atlántico publica “O Báculo de Daghdha”, a nova banda deseñada de Norberto Fernández Destacado.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/07/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O Báculo de Daghdha” é o último traballo do ilustrador galego Norberto Fernández. Un cómic, editado polo Eixo Atlántico, no que o Camiño Portugués a Santiago é o protagonista.

Trátase dunha historia de aventuras para todos os públicos na que os protagonistas percorren o Camiño Portugués desde Lisboa a Santiago na procura dun tesouro. O álbum de 48 páxinas, que conta con algúns “cameos” de alcaldes e personaxes populares de Galicia e Portugal,  sae publicado a toda cor e repártese a través de distintos medios impresos e dixitais de Galicia, entre eles, GC, a través deste enlace.

A súa versión en portugués, "O Cajado de Daghdha", repartirase en papel co xornal O Correio do Minho o vindeiro 14 de xullo.

O Báculo de Daghdha é un cómic de Norberto Fernández
O Báculo de Daghdha é un cómic de Norberto Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arturo

O camiño portugués e francamente interesante, sobre todo a etapa raiña, Ponte de Lima - Rubiaes, ca subida ao tremendo alto da Portela Grande de Labruja. Espectacular.