Once galegos a por medalla

A representación galega, con once padexeiros, representa case a metade da selección española presente no Campionato de Europa Esprinte de Piragüismo que se celebra esta fin de semana na cidade búlgara de Plovdiv.

Por gcdeportes | Pontevedra | 13/07/2017 | Actualizada ás 09:03

Comparte esta noticia

Ampla representación galega no Campionato de Europa Esprinte de Piragüismo que se diputa esta fin de semana na cidade búlgara de Plovdiv en categoría sénior e paracanoe. España acode con 25 deportistas, 19 na modalidade de esprinte e 6 en paracanoe, e once deles son galegos.

Manuel Garrido buscará repetir medalla tralo bronce no Europeo de maratón.
Manuel Garrido buscará repetir medalla tralo bronce no Europeo de maratón. | Fonte: manugarrido.es

A cidade de Plovdiv acolle por segunda vez un torneo europeo desde 1997, naquela época era o primeiro campionato continental organizado pola Federación Europea de Piragüismo. Nesta ocasión, daranse cita en Bulgaria 450 deportistas de 36 países.

Os once galegos de Plovdiv tentarán loitar polas medallas nas súas respectivas probas. A magnífica actuación de Roi Rodríguez nas dúas Copas do Mundo disputadas en maio (tres bronces e unha prata) fanlle favorito ao podio na distancia de K1 500. Con 23 anos cumpridos o 21 de xuño, Rodríguez padexará tamén na nova distancia olímpica do K4 500 xunto aos padexeiros do Ría de Betanzos Óscar Carrera e Carlos Arévalo, ademáis de Carlos Garrote. Carrera repetirá proba co tudense Rubén Millán en K2 500 metros, e Millán repetirá loita polas medallas no K1 5000 metros.

Asemade, Natalia García do Breogán do Grove e Raquel Dacosta do Club As Torres compartirán embarcación na distancia de K4 500 xunto con Estefanía Fernández e Miriam Vega. A participación de Natalia García continúa de xeito individual nas series de K1 500 metros. Tamén Raquel Dacosta participa noutra modalidade do medio quilómetro formando K2 con Estefanía Fernández.

Outros aspirantes a ser protagonistas deste campionato son os deportistas do Piragüismo Poio Sergio Vallejo e Adrián Sieiro. A dupla de Poio preséntase con moita ansias de medalla despois da grande actuación realizada nas Copas do Mundo de Hungría e Belgrado. Por último, Manuel Garrido, recente medalla de bronce no Europeo de maratón de Ponte de Lima, correrá a final do C1 5000 metros.

A representación galega no campionato europeo de Paracanoe que se celebrará sábado e domingo corre a mans de Elena Naveiro, do Breogán, e Adrián Mosquera, do Piragüismo Rías Baixas, ambos os dous participarán na modalidade de L3 K1 200 metros.

O Europeo comeza oficialmente hoxe coa cerimonia de apertura. Será o venres cuando comeze a competición coas semifinais nas probas de 500 e 1000 metros. O sábado, as primeiras medallas outorgaranse aos mellores padexeiros nas finais de 1000 metros en K4 masculino, K4 femenino e C2 femenino. Para o domingo están reservadas as finais de 500 e 200 metros, así como as tres pros de 5000 metros.

Os países participantes son Austria, Azerbaián, Bielorusia, Bélxca, Bulgaria, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Xeorxia, Alemaña, Gran Bretaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Israel, Italia, Letonia, Lituania, Moldavia, Noruega, Polonia, Portugal, Romania, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suiza, Turquía e Ucraína.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta