Temas: EN MAREA PODEMOS

Podemos abre máis a fenda en En Marea e cuestiona o modelo de partido

"Non participamos na construción de En Marea como partido", din dende a formación morada, que lembra aos seus deputados que non teñen que render contas na súa asemblea e Carmen Santos non acudirá ao plenario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2017 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

A dirección de Podemos Galicia vén de abrir aínda máis a fenda aberta en En Marea e cuestionou este xoves, dous días antes do plenario do partido instrumental, a conversión desta "ferramenta electoral" nunha "nova organización política". "Non participamos na construción de En Marea como partido", remachou. De feito, a través dun comunicado para ratificar que Podemos non participará como organización na asemblea do sábado, criticou que En Marea "pretende ostentar baixo a forma de partido único a representación política e social do cambio".

Podemos Galicia.
Podemos Galicia.

Desde a perspectiva da directiva en Galicia da formación morada, En Marea é "unha ferramenta estritamente electoral" cuxo obxectivo era "dar cabida a unha maioría social que necesitaba dun vehículo común" para "desaloxar o PP da Xunta".

Agora, á vista de que En Marea "continuou a súa propia folla de ruta" para "constituírse en partido", Podemos deixou claro que "non diluirá" nela os seus "principios éticos", o seu "proceder radicalmente democrático" para elixir os seus representantes e o seu "compromiso cun Estado plurinacional e fraterno".

Nesa liña, defendeu que, aínda que "a unidade é necesaria" como "único modo de conseguir o cambio político", non é "un fin en si mesmo" que leve a construír un novo partido. E menos, proseguiu, con "liñas políticas que non sempre responden á renovación e a radicalidade democrática que a sociedade galega reclama".

RENDICIÓN DE CONTAS

En canto á rendición de contas dos deputados ante a asemblea de En Marea, Podemos lembrou que só están obrigados a facela ante os inscritos na formación morada e os votantes da forza rupturista.

"Non temos ningunha obriga con En Marea-Partido, como non a temos con ningunha das outras formacións coas que participamos no devandito espazo", conclúe o comunicado.

Este pronunciamento chega pouco despois de que catro dos cinco representantes no Congreso (Yolanda Díaz, de EU; Ángela Rodríguez e Antón Gómez-Reino, de Podemos; e Miguel Anxo Fernán Vello, de Anova) avanzasen que non irán render contas do seu traballo parlamentario.

No caso dos representantes no Hórreo, de trasladar o informe sobre a actividade do grupo encargarase Pancho Casal, segundo el mesmo informou. Aínda que é militante de Podemos, este labor realizaraa por encargo dos 14 deputados que conforman En Marea.

Pola súa banda, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, quen tamén ocupa unha das viceportavocías parlamentarias de En Marea, non acudirá o sábado ao plenario porque, sinalaron fontes da súa contorna, ten outro acto do seu partido en Madrid.

Temas: EN MAREA PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

4 Brokenhearted GZ

No os preocupeis ni os pongais tristes. Os acaban de decir que en las próximas autonómicas se van a sacar la p-l-a otra vez y os dejan que se la c-u-e-s.

1 Bng cipaios

Iso non é o que facedes no Bng coa banca española á que lle debedes varios millóns de euros?

3 Balbino Fernández

Comunista Independentista, onde estás? Podes tamén aparecer como LKI! Tan agudo para morder, agora escóndeste? Xa non son deputados das Mareas de Podemos (integrados en Unidos Podemos como grupo), 4 de 5 renden contas só a Podemos e pasan das Mareas! O BNG vendeuse barato ao PSOE, outros entregástesvos directamente á cúpula da Complutense!

1 Fada-lobo

Estara lendo Macbeth ou Xulio Cesar en ingles.

2 Bng madeiros

Balbino, preguntando pola xente pareces un policía.

3 comunista independentista

XDDD É un policía. Destes que non valen para patrullar e o teñen na comisaría vomitando bile contra todo diante do computador. Nótase ben.

2 Ana Patricia no es casta

A culpa é da UPG

1 Fada lobo

Indubidablemente... e dos que os votaron. Gozade do votado. Estou ata segura de que recuncaredes. Hai dias que ser galega de esquerdas magoame a alma. Nin o bochornoso espectaculo me divirte por un minuto... Produceme tristeza. Pero o que me doe mais e pensar que os volveredes a votar e que nin unha explicacion lles ides pedir.

1 Amén

Ide tomar polo cú!