A D.O. Ribeira Sacra está de festa

Do 14 ao 16 o Paseo do Malecón de Monforte de Lemos acollerá o primeiro Festival do Viño da Ribeira Sacra.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 14/07/2017 | Actualizada ás 00:56

Comparte esta noticia

Todo está en marcha para que o venres comece este evento que naceu coa idea de conmemorar os 25 anos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta entidade xunto co Concello de Monforte de Lemos tiveron a iniciativa da organización e coinciden tamén na intención de darlle continuidade nos vindeiros anos.

Viña e Canón do Sil ao fondo
Viña e Canón do Sil ao fondo

A carón do Cabe e ao longo do Paseo do Malecón estarán dispostos os stands que darán acubillo a unhas 23 adegas para ofrecer aos visitantes os seus mellores caldos e licores, e tamén postos de artesanía.  Moi preto desta zona, na Praza España, terán lugar os diferentes concertos musicais programados nos que destacan Susana Seivane e a formación de moda De Vacas.

Para os máis pequenos haberá obradoiros infantís e sesións de contos divulgativos. Os obradoiros están pensados para contextualizar a cultura do viño e potenciar o lado máis creativo dos rapaces construíndo barcos de rolla, broches de goma eva, cepas e cestos tradicionais. O narrador Anxo Moure encargarase da parte divulgativa e concienciadora a través dos seus contos educativos e interactivos: “Imos vendimar un conto!” e “Imos pescar unha historia”.

E para aqueles que queiran aproveitar o tempo e coñecer a zona hai programadas diferentes rutas enoturísticas, previa reserva, para o sábado 15 e domingo 16. O sábado ás 10.00 h. a ViñoRuta do Miño: “Sabor a Ribeira Sacra” e o domingo ás 10.00 h. a ViñoRuta do Sil: “Safari fotográfico Ribeira Sacra”  e a Ruta “Do viño e da auga” ás 17.00 h. Reservas no teléfono 678693566 ou no correo festivalribeirasacra@gmail.com

A apertura de stands terá lugar o venres a partir das 18.00 h e o acto inaugural ás 20.00 h. coa presencia do Presidente da Deputación de Lugo e a Conselleira do Medio Rural. As actuacións musicais previstas para este primeiro día son Oîma ás 22.30 h. e Susana Seivane ás 00.00 h. O sábado ás 22.30 h. estará o Grupo Tanxugueiras e ás 00.00 h. De Vacas. O domingo ás 13.00 h. actuará a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e ás 22.30 o grupo Zoelas. E por se todo isto fose pouco estará tamén o programa da Galega “Aquí Galicia” na Praza de San Antonio o sábado 15 dende as 16.30 h.

Preparativos Festival do Viño.
Preparativos Festival do Viño.

Para seguir a actualidade do evento e coñecer ao detalle a programación podedes consultar no perfil de Facebook do evento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Todos fan feiras do viño e estes de Monforte "Festival"...